venres, 10 de novembro de 2006

O PXOM DE VIGO, ILEGAL

O Supremo bloquea a legalización de centos de vivendas en Vigo.

Unha sentenza de febreiro, coñecida agora, anula a solución deseñada polo Concello.

O goberno local cre que esta medida fai máis urxente aprobar o novo planeamento.
.
O Tribunal Supremo pechou a vía á legalización de varias operacions urbanísticas executadas na década dos noventa cuyos expedientes administrativos foran previamente anulados polo Tribunal Superior. Unha sentenza dictada meses atrás, pero que non era coñecida, a máxima instancia xudicial rexeita a modificación do Plan Xeral vixente deseñada para permitir a sua legalización.
O fallo afecta de xeito directo a proxectos tan coñecidos como as torres Ifer, na céntrica rua García Barbón, dous inmobles de máis de vinte alturas en cuyos baixos situase o Club Financeiro. Tamén a unidade Filipinas-Couto San Honorato, un conxunto de sete edificios de entre oito e quince andares cuns 250 pisos. Ademáis, impide a execución doutros pendentes, como as torres da Unión Cervecera, e varios máis do extrarradio.
A estratexia deseñada polo Concello tralo fallo do tribunal galego foi levar a cabo unha modificación do Plan Xeral. Posteriormente concedéronse as licenzas de acordo con este cambio. Pero agora o Supremo o anula por consideralo unha reserva de dispensación, isto é, un cambio do planeamento aprobado expresamente para evitar o cumprimento de unha sentenza xudicial, unha medida ilegal.
O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, reconeceu onte que este fallo complica aínda máis unha situación xa especialmente difícil. «Fai tempo que insistimos na urxencia de que se aprobe o novo Plan Xeral, y agora sen ningunha dúbida esta urxencia é aínda moito maior».

UN CASO PENDENTE
.
O Concello teme que se reclame a execución da decisión xudicial.

O Supremo invalidou a modificación do Plan Xeral realizada á medida da sentenza dictada polo Tribunal de Xustiza de Galicia. No entanto, unha disposición similar foi incluida no Plan Xeral que se atopa na súa fase final de elaboración. A intención do Concello era que o novo documento urbanístico estivese en vigor antes de que fallase o Supremo, para poder así legalizar todas estas grandes urbanizacións. Pero a tramitación do futuro planeamento urbanístico sufriu demoras constantes.
O temor agora é que se produzan demandas de execución da sentenza do Supremo, o que xeraría un grave problema social que o Concello vigués tratou de evitar sen éxito.
.
XA FORON AVISADOS
.

Alternativa Veciñal, xa denunciou no mes de Xuño, que a Sra. Alcaldesa, equivocouse, non debería ter relevado das suas funcións ao Sr. Iglesias. A quen debería cesar é ao Sr. Figueroa por incompetente e irresponsable.

Demostrouse, tamen, que o goberno municipal do PARTIDO POPULAR, coa complicidade do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO e do PARTIDO GALEGUISTA, actuou de un xeito irresponsable, ao ser a propia Administración local a que non repecta o procedemento administrativo e a lei. Este feito produce na cidadanía tal perda de confianza nos gobernantes e na institución que exise unha modificación da lei para evitar que estes feitos volvan acontecer.

A advertencia de Alternativa Veciñal, coa presentación do Ditame Xurídico, foi ignorada polos concelleiros do PP, BNG e PG, que votaron a favor da aprobación do PXOM e en contra da lei, o pasado 19 de Maio de 2006. A Sra. Corina Porro é a máxima responsable e defensora desta corrupción de procedementos administrativos, por intereses alleos ao interese xeral.

Alternativa Veciñal, exise aos concelleiros que aprobaron o PXOM, no Pleno do mes de Maio, a favor dun Plan Xeral ilegal, teñen que dimitir dos seus cargos.

Ningún comentario: