luns, 11 de decembro de 2006

PP, PG, e BNG, A FAVOR DO PXOM


.


.
A OS PARTIDOS POLÍTICOS QUE APROBARON O PXOM
.
Se vivimos nun estado social, democrático e de dereito, o PXOM é un Plan antisocial porque prexudica aos máis desfavorecidos ao ser un Plan que leva o xene da especulación no seu ADN. Carece de lexitimidade democrática porque conculca o dereito de participación social efectiva. E é un golpe ao estado de dereito, porque é un Plan que non cumpre a lei.
-O Plan Xeral non é un Plan Xeral, nin é de ordenación, nin é municipal. Non é un Plan Xeral porque carece de dotacións básicas e xerais. Non é de ordenación, senón que é de urbanismo, porque a construción indiscriminada é a súa única preocupación; e non é municipal porque non atende ás necesidades da maior parte do territorio do Concello, onde habita a terceira parte da poboación.
-Así como a resistencia á imposición do PXOM de Vigo -un Plan do PP e BNG, favorable a grupos de interese- contribuíu a iniciar o cambio político en Galicia, a anulación do Plan Xeral marcará definitivamente a transformación democrática na nosa comunidade, e será unha constatación de respecto ao país e ao pobo, e o comezo da conta atrás no propio Concello.
-O PXOM de Vigo incumple a Lei 9/2006, de 28 de abril, que obriga aos plans a someterse a unha Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE). Esta ilegalidade, entre outras, xa foi advertida por Alternativa Veciñal antes da Aprobación Provisional do Plan. A Directiva comunitaria 2001/42/CE xa era aplicable en todo o territorio español, segundo a doutrina sobre o seu efecto directo vertical.

-Alternativa Veciñal considera que a Xunta de Galicia debe denegar a aprobación definitiva do Plan Xeral do Concello de Vigo, en base ás gravísimas carencias, referentes á legalidade do devandito Plan, que se describen exhaustivamente no Dictame Xurídico que se entregou a cada un dos membros da Corporación Municipal, ao Xerente de Urbanismo e máis ao Secretario do Concello.
-Non se trata de carencias puntuais nos contidos nin na documentación. No informe fanse constar, en base á lexislación vixente, serias deficiencias na Memoria Xustificativa, Económica, Estudo de Sostibilidade, Cualificación do Solo e Presentación dos planos de información e ordenación, Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) entre outras. Ademais, detéctase a ausencia de trámites de procedemento de carácter esencial que obrigan a retrotraer o procedemento administrativo á súa fase inicial ou ser reformulado para evitar que se repitan as consecuencias dos litixios que se veñen producindo nos últimos anos. A seguridade xurídica do Plan debe ser unha finalidade de primeira orde e o PXOM non cumpre este obxectivo.
-Alternativa Veciñal está a favor dun PXOM para o crecemento soieconómico da cidade, pero esixe un novo e que esté consensuado e respaldado pola cidadanía "non como agora que recibiu mais de 61.000 alegacións"
-Dende Alternativa Veciñal, considérase que a Alcaldesa, o Partido Popular e os partidos políticos cómplices da aprobación dun PXOM ilegal e insostible, Bloque Nacionalista Galego e Partido Galeguista, cando rendan contas aos cidadans difícilmente poderán demostrar que merecen renovar a súa confianza. A conciencia de que fai falta con urxencia un novo rumbo alternativo para Vigo fai crecer un movemento social a favor de ese cambio.
Alternativa veciñal

Ningún comentario: