sábado, 16 de decembro de 2006

MODUS OPERANDI 2

CONSULTORA GALEGA: MODUS OPERANDI
.
(II: RELACIÓN COS INTERESADOS)
.
Continuamos contrastando o que o director de Consultora Galega di que vai facer no PXOM de Cangas, e o que realmente fixo no PXOM de Vigo.
-En canto ao diálogo coas partes interesadas, o Sr. Zumárraga manifesta: "O primeiro é facernos nós coa realidade de Cangas, pero o noso xeito de traballar é cunha comunicación moi directa desde o principio con todas as partes implicadas no documento urbanístico". Así mesmo demandarán ao Concello, colectivos e veciños en xeral, que lle transmitan o PXOM que queren, para que o resultado final sexa o máis satisfactorio posible, contrastando en todo momento o traballo que fan. Conclúe que o obxectivo é ir formando sentimento de plan para concretar a onde se van dirixir, tendo en conta en todo momento a reflexión dos cidadáns.
-Recordemos que o documento do PXOM de Vigo tivo, en fase de exposición pública 61.067 alegacións, subscritas por 81.000 firmantes; 3 manifestacións xerais e numerosísimas e continuadas protestas de cidadáns e colectivos disconformes co documento, que chegan ata o día de hoxe.
-Tamén foron contrarios ao documento os informes e alegacións de técnicos municipais, colexios profesionais, e ata o Informe Previo á Aprobación Inicial emitido pola Xunta de Galicia cando gobernaba o PP.
- Os redactores do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo rectificaron as súas previsións iniciais. En trinta zonas da cidade xa non haberá torres de máis de catorce andares. E o recorte é considerable nalgúns ámbitos do casco urbano, como A Pastora, Praza de España, Calvario ou Hispanidade, e tamén en varias parroquias do rural. Ademais presentáronse 21.065 firmas solicitando que o documento do PXOM elaborado por Consultora Galega fose sometido ao referendo dos cidadáns. O Pleno do Concello de Vigo de data 27 de Febreiro de 2006, cos votos afirmativos do PP, a abstención do Partido Galeguista e do Bloque Nacionalista e os votos en contra do PSOE rexeitaron a súa realización. A petición cumpría todos os requirimentos do Regulamento de Participación cidadá e a lei de Bases de Réxime Local, é dicir: o número de peticionarios superaba o 8% do censo electoral, era un asunto de especial relevancia, de competencia municipal, de ámbito local e non era relativo á facenda local.
Alternativa Veciñal

Ningún comentario: