venres, 15 de decembro de 2006

SINATURAS CONTRA O PXOM


25.000 sinaturas contra O PXOM
.
Os Colectivos contrarios ao documento, esperan presentar as sinaturas á Xunta de Galicia

NOTA DE PRENSA

-Os colectivos contrarios ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM)-na actualidade en periodo de tramitación na Xunta de Galicia- esperan alcanzar as 25.000 sinaturas para pedirlle ao presidente da Xunta que non aprobe o documento urbanístico.
-Os colectivos ‘Alternativa Veciñal’ e ‘Outro Vigo é posible’ redactaron unha carta manifesto dirixida ao titular do Executivo galego na que piden que rexeite o PXOM en curso e elabore outro “racional, sostible” e “elaborado con participación e responsabilidade cidadá”. Achegadas á misiva irán as sinaturas, das que se recolleron ata agora unhas 14.000. Co fin de sumar novas rúbricas ao manifesto, ambos colectivos –apoiados polas distintas asociacións de afectados– recollerán novas sinaturas entre os días 19 e 22 de decembro e desde o 26 ao 29 en horario de 18 a 20.30 horas na Rúa do Príncipe.
-Según explicou Matías Movilla, de OVEP, “a ciudadanía de Vigo non perdeu a batalla do Plan Xeral”, polo que han instrumentado esta campaña, confiando en que os responsables da Xunta coincidan en que “aprobar o Plan Xeral tal e como se aprobou inicialmente polo Concello de Vigo, nestes momentos sería manifiestamente ilegal”.
-Movilla explicou que “as irregularidades, as ilegalidades e a ineficacia deste actual Plan Xeral, agora corrobóranse coa lexislación estatal e autonómica”.

-As sinaturas remitiranse ao presidente da Xunta de Galicia, acompañadas da carta en que se reflicten algúns dos argumentos dos colectivos para pedir que se desestime a súa aprobación.
-“Nós o único que pretendemos é a participación cidadá”, advirtiu o representante de OVEP, e egadiu que “non temos intereses políticos, económicos -máis aló dos individuais de cada un- nin temos a ninguén por detrás, e como cidadáns que amamos esta cidade, tamén queremos ser escoitados”.

.
GRAN DEBATE
.
-Matías Movilla destacou que as asociacións que promoven esta iniciativa queren que o PXOM sexa o “gran debate” nas próximas eleccións municipais e que sexa un documento que “estea aireado, comentado, discutido e debatido, que sexa participativo no que todos poidan opinar”.

Ningún comentario: