xoves, 6 de decembro de 2007

ESCRITO AO PRESIDENTE DA XUNTA




SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
D. EMILIO PÉREZ TOURIÑO
.
Sr. Pérez Touriño, debe intervir para que a xunta de Galicia non se vexa involucrada nunha prevaricación.
.
A resolución irresponsable da Consellería de Medio Ambiente sobre a Avaliación Ambiental Estratéxica e a anunciada aprobación provisional do PXOM de Vigo por imperativo do Sr. Caballero, colocarían á Sra. Caride ante un terrible dilema. Prevaricar o ser fiel a seus principios.
.
Ningunha empresa, ningún organismo aprobaría un Plan Xeral elaborado con datos de fai sete anos.
.
Se o plan estratéxico de Vigo está superado e é inútil; se lles foi fácil decidir elaborar un novo, tan fácil debería ser o convencerse de que o PXOM de Vigo, é anacrónico e está obsoleto.
.
Só os intereses persoais e de partido manteñen esta insensata e disparatada porfía.
.
Sr. Pérez Touriño, aínda está a tempo de demostrar ao pobo que vostede e o seu partido non están corrompidos.
.
Esperamos unha sinal.

Ningún comentario: