luns, 24 de decembro de 2007

OS TRIBUNAIS E O PXOM DE VIGO

Preparan o terreo para recorrer o Plan Xeral de Vigo.
.
A ofensiva xurídica inclúe aos colectivos veciñais así como o recurso de EU ante o Parlamento Europeo
.
Os promotores inmobiliarios convertéronse na punta de lanza da oposición ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo tras os cambios introducidos por Abel Caballero. Agora, a difusión do informe realizado polo catedrático de Dereito Administrativo Eduardo García de Enterría confirma a intención de intentar tombar o documento urbanístico nos tribunais. Ademais do colectivo empresarial, o goberno municipal é consciente de que haberá outras demandas ante os tribunais.
É o caso dos colectivos agrupados en Alternativa Veciñal, quen rexeitan o Plan Xeral por motivos opostos aos promotores. Este grupo considera esaxeradas as previsións demográficas e de edificabilidade e cre que non se cumpren as esixencias ambientais legais, como a Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE). A estes recursos e outros que poidan xurdir únese a petición de Esquerda Unida ás institucións europeas para que revise o cumprimento das normas ambientais e de crecemento sostible do PXOM e a AAE.
.
Sentenzas claves
.
A confirmación no seu momento destes recursos forzará o mantemento da situación de interinidade urbanística cun Plan Xeral que xerou unha notable división social. O pretendido consenso é inimaxinable cando o documento é rexeitado polo menos pola metade dos concelleiros (a oposición popular), a federación de asociacións de veciños e os promotores urbanísticos, como se confirmará na reunión do consello sectorial convocada polo alcalde para pasadomañá, sen olvidarse dos colectivos de afectados e os contrarios ao PXOM, polas ilegalidades contempladas no mesmo.
No goberno empeza a calcularse o momento no que se coñecerán as sentenzas aos recursos. Aparte do resultado en si, o que preocupa no Concello é se se producirán antes ou logo das eleccións municipais de maio de 2011. Un fallo contrario ao Plan Xeral en vésperas electorais tería con seguridade consecuencias negativas para os defensores do documento.Tamén ponse en perigo as eleccións Xerais de marzo de 2008, como as autónómicas de 2009.
O PSOE en Galicia, está xogando con lume, os colectivos de afectados polo PXOM, téñeno moi claro á hora de votar, quen non cumpriu, paga.

Ningún comentario: