venres, 4 de xullo de 2008

A DEGRADACIÓN DO LITORAL GALEGO

Greenpeace sinala os puntos màs ameazados da costa polo urbanismo, as infraestructuras e a contaminación.
.
No informe de Greenpeace destácase, o plan de novas plantas de acuicultura tamén resulta moi agresivo para a costa galega. A Xunta de Galicia expón a construción dunha vintena de novas granxas, moitas das cales invaden ou afectan a espazos naturais protexidos da rede Natura 2000 europea. Greenpeace presentou alegacións ao proxecto demandando a súa retirada.
En Galicia o desenvolvemento industrial deixou, e aínda deixa, a súa pegada contaminante no litoral. As máis destacables son a industria papeleira, metalúrxica e química, cuxos verteduras históricas aínda poden apreciarse nas rías. Moitas desas industrias seguen en funcionamento na actualidade coa autorización da Xunta de Galicia. Este é o caso do complexo industrial de ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra e Ferroatlántica na ría de Corcubión.
Outras plantas novas comezaron a súa andaina contaminante no litoral galego, como Reganosa, en Mugardos, non só co consentimento da Xunta senón coa súa participación directa como propietaria. Tamén as verteduras urbanas e a carencia de sistemas de tratamento adecuado de augas residuais están degradando a calidade das augas das rías galegas, o que afecta moi directamente aos bancos marisqueiros. As rías do Burgo e de Vigo son bos exemplos diso.
No informe Destrución custe o que custe 2008, Greenpeace considera que chegou o momento de dar un xiro á situación do litoral e avoga pola urxente posta en marcha das seguintes medidas:
.
--Impedir a expansión ilimitada do urbanismo e protexer de forma efectiva os primeiros 500 metros de costa da urbanización.
--Aplicación da Lei de Costas, terminar a delimitación do dominio público marítimo terrestre, eliminar as construcións ilegais e conservar os espazos costeiros.
--Posta en marcha da Estratexia para a Sustentabilidade da Costa.
--Acabar coas verteduras industriais e urbanos.
--Fortalecemento dos plans de loita contra a contaminación por verteduras e accidentes marítimos.
--Creación de reservas litorais e mariñas.
.
PUNTOS NEGROS DO INFORME DESTRUCIÓN CUSTE O QUE CUSTE 2008
.
1.A Coruña. Cedeira. Ampliación do porto deportivo.
2.A Coruña. Mugardos. Regasificadora moi próxima á poboación.
3.A Coruña. Miño. Macrourbanización paralizada pola xustiza.
4.A Coruña. Sada. Urbanismo insostible.
5.A Coruña. Oleiros. Urbanismo insostible
6.A Coruña. Ría do Burgo. Contaminación severa.
7.A Coruña. Corcubión. Contaminación severa na ría.
8.A coruña. Carnota. Praia do Pindo. Paseo marítimo sobre a duna.
9.Pontevedra. Ría de Pontevedra. Contaminación severa.
10. Pontevedra. Sanxenxo. Urbanismo insostible.
11. Pontevedra. Bueu. Proxecto de porto deportivo en Pescadoira.
12. Pontevedra. Cangas do Morrazo. Porto deportivo e urbanización.
13. Pontevedra. Moaña. Urbanismo insostible.
14. Pontevedra. Ría de Vigo. Contaminación severa.
15. Pontevedra. Porto de Vigo. Recheos na ría.
16. Pontevedra. Gondomar. Urbanismo insostible.
17. Pontevedra. Baiona. Proxecto de porto deportivo.
18. Plan de portos deportivos galego. Aumento excesivo do número de amarres.
19.Plan de Acuicultura galego. Plantas de Bico dà Ran, Lira, Meirás, Sera, Quilmas, Camelle, Xandrina, Seiruga, Hoyo Longo e Curvo invaden ou afectan a espazos da rede Natura 2000.

Ningún comentario: