martes, 8 de xullo de 2008

SE UN PLAN É INSOSTIBLE, É INVIABLE

A aprobación do PXOM de Ourense demostra como nin o Concello nin a Xunta de Galicia GARANTEN que un Plan Xeral de Ordenación Municipal sexa LEGAL. Isto é o primeiro que hai que cambiar. A legalidade das decisións dos PARTIDOS, cando acceden ao poder, non pode estar en mans dos partidos políticos.
Na actualidade o caudal de bombeo do río Miño e Loña é de 350 litros por segundo, mentres que o máximo permitido, e que podería solicitar o Concello de Ourense segundo o actual Plan Hidrolóxico Nacional, se sitúase nos 560 litros por segundo.
Por iso é polo que as estimacións do PXOM no que se refire ao caudal necesario sexan inviables, debido a que non contará coa aprobación da nova Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo da conca, como recoñecen desde o propio Concello.
.

Ningún comentario: