luns, 25 de agosto de 2008

IMPRUDENCIA TEMERARIA





. .
O PXOM DE VIGO E LEGAL, SEN PREXUÍZO DE QUE PODE SER ILEGAL.
.
A NOSA CUALIFICACIÓN É SUFICIENTE, MÁIS OU MENOS
(Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Xunta de Galicia. PSOE)
.
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo
Documento para aprobación definitiva
Decembro 2007
TOMO V
Estudo Económico, páxina 24
http://hoxe.vigo.org/urbanismo/provisional07.html
.

.
1975 Crise de petróleo: Descendeu o número de vivendas visadas en España de 553.376 a 340.385 en 2 anos. É dicir: un 38,5%
..
1992 Crise mundial: Descendeu o número de vivendas visadas en España de 401.003 a 252.787 en 4 anos. É dicir: un 37%
..
SITUACIÓN ACTUAL
.
2008 Crise mundial: O Plan Estratéxico elaborado por Consultora Galega para a execución do PXOM de Vigo prevé construír no primeiro cuadrienio (2008, 2009, 2010, 2011) 55.709 vivendas (o 48% das 116.061 previstas para 12 anos), o que suporá un INCREMENTO sobre o parque xa construído (135.000) do 41%.
...
Que di a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (16 de maio de 2008)?
..
-A capacidade residencial do PXOM:
O plan que se somete a aprobación definitiva incorpora unha máis detallada xustificación da súa capacidade residencial. Así, tendo en conta os datos de producción de vivendas nos últimos anos (tanto en Vigo como no conxunto de Galicia), considerando o período de tempo que, por termo medio, implica o proceso de desenvolvemento urbanístico ata a posta final en uso das vivendas, e sobre a base do modelo de ordenación territorial que propugna o propio PXOM, e o papel que lle corresponde xogar a Vigo no seu ámbito de influencia metropolitana, o plan expón unha xustificación sobre a súa capacidade residencial que, tendo presente a autonomía do concello para definir o seu modelo de ordenación urbanística, e sen prexuízo de que as estimacións sobre o desenvolvemento futuro do mercado de vivenda poidan resultar máis ou menos acertadas, cos datos dispoñibles debe cualificarse como suficiente. Así pois, dentro do marco que define o artigo 85.7º da LOUG, non procede facer obxeccións á antedita xustificación sobre a idoneidade da capacidade residencial do plan.
..
É DICIR: TODOS OS CONCELLOS FAN UNHA FESTA O FIN DE SEMANA E CONSULTORA GALEGA DECIDE QUE, EN VIGO, HAI QUE FACER A MAIOR, E ADEMAIS TRANSFORMAR UNHA GRAN SUPERFICIE RURAL PARA TAL FIN; E COMO NIN ANTONTE NIN ONTE CHOVEU, CONSULTORA GALEGA DI QUE O FIN DE SEMANA TAMPOUCO VAI A CHOVER, Á MARXE DE QUE A PREDICCIÓN DO TEMPO SEXA QUE VAI HABER TORMENTA.
.
E Dª MARÍA JOSÉ CARIDE ESTÉVEZ E D. EMILIO PÉREZ TOURIÑO (AMBOS ECONOMISTAS E PROFESORES DE UNIVERSIDADE) DIN QUE VAI FACER SOL, SEN PREXUÍZO DE QUE PODE CHOVER. E QUE A XUSTIFICACIÓN DE CONSULTORA GALEGA PARA TAL INSENSATEZ “DEBE CUALIFICARSE COMO SUFICIENTE”
..
CALES ERAN OS DATOS DISPOÑIBLES EN MAIO DE 2008, E ATA ANTES?
..
Vexamos que se dicía o 21 de xaneiro de 2007
.
Guillermo de la Dehesa:
..
Este proceso de desaceleración podería ter a seguinte orde secuencial:
primeiro, a burbulla inmobiliaria seguiría picándose gradualmente, é dicir, os seus prezos crecendo máis lentamente e finalmente caendo e, como reacción, o número de vivendas iniciadas empezaría a caer, o que traería consigo unha caída da creación de emprego en construción e quizá un alza do paro, o que reduciría algo a demanda de consumo.
..
Guillermo de la Dehesa es presidente del Centre for Economic Policy Research de Londres (CEPR)
-
Por outra banda se a conselleira de Política Territorial recoñece a Vigo “autonomía do concello para definir ou seu modelo de ordenación urbanística”, tamén terá que recoñecerllo a todos os concellos. E se non hai territorio en Galicia sen concello, Que sentido teñen entón a Directrices de Ordenación do Territorio? Para quen as fai a CPTOPT se os concellos teñen os seu propio modelo de acordo coas súas propias directrices?
Ademais, como a autonomía municipal pode xustificar un modelo de ordenación se este é ilegal, especulativo e insostible e non é un modelo elixido polos cidadáns?
.

Vigo, agosto 2008

Ningún comentario: