martes, 9 de setembro de 2008

DESCONTROL NO GORXAL

.
O Concello é o responsable da "catástrofe ecolóxica"
.
Só unha das once empresas do incendio tiña licenza-Restos da vertedura provocan no Lagares e Samil a morte de especies mariñas -A asociación de veciños de Cabral xa denunciou baleirados irregulares no Gorxal sen que o goberno local adoptase medidas -A nave non tiña hidrantes e tardouse oito horas en controlar as verteduras.
.
A catástrofe ecolóxica do fin de semana no Lagares e a ría de Vigo é o resultado de non actuar contra as verteduras que se producían no Gorxal". As verteduras de produtos contaminantes a un arroio próximo xa foran denunciados de forma reiterada pola propia Asociación veciñal de Cabral. Estes baleirados de tanques e baldeos producíanse, segundo aseguran nun escrito, "directamente ao regato Pepín, ante a ausencia de saneamento".
O concello debe convocar unha "comisión de medioambiente" urxente para analizar as repercusións da vertedura ao Lagares, que chegou a Samil e analizar as súas repercusións co obxectivo de determinar como rexenerar a flora e fauna do río Lagares, e a vez, pedir rersponsabilidades sobre o feito.
"O polígono do Gorxal é o resultado das transformacións dunha antiga nave taller de camións, ampliada ata límites de dubidosa ou nula legalidade por un "empresario vigués" que agora aparece como vítima do incendio". Os veciños denuncian que as instalacións incumpren a normativa anti-incendios, feito agravado pola localización das naves -nun núcleo residencial-. Tamén apuntan a que carecía de sistemas de depuración e saneamento, nun lugar onde se almacenan produtos nocivos e contaminantes, o que lles expón dúbidas de se os negocios dispuñan das correspondentes licenzas ou se estas axustábanse á actividade que se desenvolvían.
"Temos que lamentar a pasividade e desidia do Concello para supervisar e actuar contra as irregularidades ambientais". Sinalar á Concellaría de Medio Ambiente: "Atópase inmersa na dinámica de actuar despois de que se produzan as catástrofes".
A denuncia dos feitos do Gorxal, referíndose a que fai un mes o alcalde falou de pechar as tubaxes que verten directamente ao Lagares sen depurar, pero o fixo tras unha gran vertedura que alarmou aos veciños. "Logo da oposición do sector empresarial, non temos constancia de que se pechase nin un só destes desaugadoiros, pero o que si temos é unha nova vertedura que acaba de arrasar co río e a súa fauna", polo cal, o Sr. Caballero e a señora Chus Lago teñen responsabilidades por este suceso.
Así mesmo recordan que se solicitou en varias ocasións o control das empresas que se atopan nas ribeiras do río Lagares; un censo de industrias e unha inspección do seu sistema de depuración. Nin caso.

Ningún comentario: