venres, 12 de setembro de 2008

INCENDIO EN VIGO, PAIS DE IRRESPONSABLES

Na madrugada do pasado sábado rexistrouse un gran incendio nunha enorme nave de 6.000 metros cadrados dun área industrial próxima á cidade de Vigo. Un accidente como pode pasar en calquera lado. O problema son as segundas partes: a contaminación que se xerou na praia de Samil (espuma de ata un metro de altura, mentres os poucos bañistas que quedan en setembro seguían por alí) e as revelacións das últimas horas: das 11 empresas que utilizaban esa nave tan só unha tiña licenza. Ou sexa, o permiso municipal para funcionar. E non o digo eu senón o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Algunhas das outras 10 tiñan a solicitude en trámites aínda que, ao parecer, todas funcionaban a pleno rendemento sen que ninguén dixese nada. Un total de 110 persoas traballaba neses locais sen vixilancia co engadido de que niguna das 11 firmas dispuña de medidas de seguridade contra o lume, nin extintores nin detectores, a pesar de que por exemplo unha (a legal, onde se orixinou o lume) almacenaba deterxentes.
As preguntas que se repiten na rúa son as evidentes: Onde estaban os inspectores municipais?. Cantas empresas máis hai así, na nebulosa pirata?. A atrasada España onde os irresponsables crecen máis que a herba segue viva. E goza de boa saúde, segundo viuse en Vigo.
.

1 comentario:

cristobal ramirez dixo...

Grazas por coller o texto do meu blog e reproducilo, previamente traducido.