xoves, 11 de setembro de 2008

NAVES DO GORXAL SEN LICENZA

.
Cinco empresas da nave calcinada solicitaron licenza
. .
Dous dos negocios son propiedade de Horacio Gómez
.
Cinco das empresas albergadas na nave incendiada o sábado solicitaron a licenza de actividade, pero o concello só a concedeu a Quimizor porque as demais non atenderon ao requirimento de documentación sobre as obras realizadas nas súas instalacións. Entre elas atópanse Disbepo e Vigo Vending, ambas propiedade de Horacio Gómez, que vendeu a segunda en 2004, aínda que a empresa seguiu operando na mesma nave en réxime de aluguer.
Horacio Gómez, naquel momento presidente do Celta, acumulou nos anos 90 un importante patrimonio inmobiliario a través, sobre todo, de adquisicións en poxas públicas de empresas en quebra. A nave do Gorxal foi unha delas, que reconstruíu e troceó en espazos lóbregos, dos que se reservou 3.000 metros (a cuarta parte do total) para as súas dúas empresas e o resto vendeuno.
Vigo Vending solicitou a licenza de actividade en 1999. O concello requiriu entón a licenza de obras de acondicionamento interior e construción da entreplanta; o requirimento non foi atendido nin expedida a licenza de actividade. Disbepo solicitou esta licenza en 2006, e de novo requiriuse documentación complementaria que non se presentou. O expediente está unido ao de reforma e ampliación da nave e ao de primeira ocupación, autorizada en 1998. Entón Gómez tivo un fugaz paso pola política. Nas eleccións locais de 1999 foi incluído como número dous da lista do PP, que anticipou o seu nomeamento como concelleiro de Urbanismo e Facenda. Pero o PP non renovou a súa maioría absoluta e Gómez abandonou a corporación a pouco de constituírse.

1 comentario:

Anónimo dixo...

LA MILONGA DEL “TÍO” ABEL

Bla,bla,bla…
Lo de siempre, tarde mal y arrastro, siempre por detrás de los acontecimientos, tienen que pasar las desgracias, para que los que nos mal gobiernan con unos sueldos en mayor parte de los casos cinco veces superior al de un trabajador de Citroen por poner un ejemplo, para que se enteren que algunos “depredadores” carecían no solo de licencia, sino que de las más mínimas garantías de seguridad contra incendios.

Y ahora viene el “tío” Abel, y nos cuenta una milonga y pretende que le aplaudamos…

Y dice: Ahora, el gobierno municipal y urbanismo, empezó a MOVERSE???
Quiere eso decir, que hasta la fecha estaba parado. Y cobrando…

Y más: El proceso, ahora va EN SERIO ???
Quiere eso decir, que a pesar de todas esas fantochadas de la anterior SUPER-CONCEJALA de urbanismo Carmela Silva, (Puesta a dedo) La cosa se la tomaban a broma?

Nos olvidamos todos ya que tan solo hace unos meses, el alcalde acudió con bombo, fuegos de luces y platillos, a la inauguración del complejo TAPAR VIGO AL MAR de a LAXE, sin licencia de apertura municipal y solo ante el escándalo en los medios de comunicación y el estupor de los ciudadanos, la agilizaron.

¿Cómo se van enterar de nada, si tanto el alcalde como los concejales se pasar las mañanas encerrados en sus despachos y dando ruedas de prensa para hacer que hacen y salir en la foto y por las tardes escondidos para que los ciudadanos normales no les “MOLESTEN” exigiéndoles cuentas por lo que cobran a fin de mes…

¡¡Que tropa!! La del tío Abel… Y su sucio-socio

VOTA EN BLANCO