sábado, 10 de xaneiro de 2009

EFECTO DEVASTADOR NA AGRICULTURA

Un estudo revela que o cambio climático terá un efecto devastador sobre a agricultura
..
O rápido aumento das temperaturas en todo o mundo terá un grave efecto sobre as colleitas nas zonas tropicais e subtropicales a finais deste século, segundo vaticina un estudo que acaba de publicar a revista científica Science.
Como resultado, se non se produce unha adaptación, a metade do mundo enfrontarase a unha escaseza grave de alimentos. Peor aínda, a poboación desas rexións (35 graos de latitude norte e 35 graos de latitude sur) é unha das máis pobres, cun crecemento demográfico que é dos máis rápidos do mundo.
Calcúlase que uns 3.000 millóns de persoas viven nesas zonas, que se estenden desde o sur de Estados Unidos ata o norte de Arxentina e o sur de Brasil; e desde o norte da India e o sur de China ao sur de Australia e toda África. «As presións do aumento de temperaturas sobre a produción mundial de alimentos van ser enormes e iso non ten en conta o abastecemento de auga», sinalou David Battisti, profesor de Ciencias Atmosféricas da Universidade de Wáshington.

Ningún comentario: