luns, 5 de xaneiro de 2009

O URBANISMO SALVAXE DANA A BIODIVERSIDADE

A .última .Lista Vermella, .elaborada por case 200 autores, advirte de que o 15% das especies españolas está peor que en 2000.
.
A flora española máis .ameazada segue ameazada, sobre todo polo urbanismo salvaxe e os efectos do cambio climático. Así o indica a Lista vermella da Flora Vascular Española, que recolle a evolución das plantas ameazadas en España desde 2000, ano no que se publicou a anterior edición.
E a situación non mellorou, xa que un 15% da flora española está peor que fai oito anos. A Lista Vermella inclúe 1.571 especies con algún tipo de ameaza, das cales 1.221 son as que contan con maior grao de vulnerabilidade ou están extintas.
En 2000, había 1.149 en situación máis grave e, en 1984, eran 1.095. Na actualidade, o 80% das plantas incluídas no ano 2000 seguen estando ameazadas e 229 aumentaron o seu grao de ameaza.
O listado conta coa firma de 71 autores e 107 colaboradores, e foi coordinador polo profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Carlos Moreno.
Na súa opinión, a flora é a "gran esquecida" da conservación. "Nunca se convocou unha reunión ministerial para debater unha estratexia de conservación dunha especie de flora", engade o experto, que lamenta que a prioridade sempre sexan os mamíferos.
Unha particularidade de España é que se a planta non é endémica, non ten plans de conservación e se ademais está en varias comunidades autónomas, non hai estratexias compartidas para o seu coidado.
En España hai 25 taxones que se consideran extintos, dos cales seis desapareceron por completo (Carduncellus matritensis, Kunkeliella psilotoclada, Nolletia chrysocomoides, Normania nava, Pharbitis preauxii e Tanacetum funkii), outros 15 sobreviven en estado silvestre noutros países e catro consérvanse ex situ.
En perigo crítico
Destas 25 extincións, catro destas plantas aínda vivían fai oito anos (Marsilea quadrifolia, Normania nava, Kunkeliella psilotoclada, Polygonum robertii) e hai 308 plantas en perigo crítico, 278 en perigo e 610 en estado vulnerable.
En todo caso, durante a elaboración desta obra, descubríronse poboacións novas ou que se crían desaparecidas, por exemplo en Hippocrepis prostrata, Astragalus nitidiflorus, A. oxyglottis, Carex helodes e Linaria intricata.
As comunidades con máis especies ameazadas son tamén as que máis endemismos teñen. Así, Canarias, con 515 taxones, e Andalucía, con 509, son as máis ricas en flora, con moita distancia respecto da terceira (Castela e León, con 166 plantas). Entre as rexións con máis áreas críticas para a conservación da flora, atópanse as serras béticas e, concretamente, Granada, así como Huesca, Lleida, Asturias e León.
Moreno explica que a deterioración do medio leva a que "cando quedan menos de 50 individuos, a poboación sexa inviable e máis se se concentran nunha zona, sometida aos mesmos riscos".
En Canarias, a presión turística e a introdución do arruí supón unha agresión para a flora, e en Serra Nevada, o cambio climático produce unha migración cada vez a maior cota, ata que as plantas non teñan un piso adecuado e desaparezan.
Nas áreas litorais de Levante, Baleares, Galicia e suroeste de Andalucía, a principal ameaza é a transformación polo urbanismo.
.
PÚBLICO. ES

Ningún comentario: