martes, 20 de xaneiro de 2009

XOVENES E MÁIS PERCORRIDO NA LISTA DO PSdeG

Touriño atribúe a saída de Villarino das listas ao "interese" da agrupación do PSdeG en Vigo por alguén "máis nova"

O presidente da Xunta e candidato do PSdeG á reelección, Emilio Pérez Touriño, xustificou a saída da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, das listas para as autonómicas polo "interese" da agrupación de Vigo por pór unha persoa "máis nova e con máis percorrido".
O mandatario galego ratificou que os "compañeiros de Vigo" apostaron por unha persoa "máis nova, con máis percorrido nesa renovación". "Son unhas boas listas, equilibradas e que nos deben permitir afrontar a lexislatura de forma equilibrada en tempos de crises", sostivo.
O Presisdente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, non se viu ao espello cando di que quere a unha persoa máis nova para a candidatura de Vigo ao non entrar na lista Dolores Villarino. O Sr. Touriño no próximo mes de agosto se as contas non fallan, cumprirá 61 anos e a señora Villarino camiño de 64, a diferenza e moi corta.
Como a señora Villarino entenden os socialistas é unha persoa maior, non pode presentarse ás eleccións galegas, co mesmo sentido e criterio, tampouco debe presentarse o Sr. Touriño.
Unha persoa con máis percorrido, canto tempo leva a señora Caride na política?, non é unha persoa de longa traxectoria, a súa carreira empezou fai catro anos, polo tanto é novata e sen percorrido político, sen dúbidas, cousas da política.

Ningún comentario: