martes, 10 de febreiro de 2009

A HISTORIA INTERMINABLE

Todos os dias, almórzome con noticias que me demostran a corruptela a nivel de todos aqueles que pretenden ocupar cargos do Estado, cargos con conta aos impostos que pagamos todos os Españois, prodúceme incredulidade cando non vergoña allea comprobar como todo un Sr. Economista descoñece que hai que declarar á Facenda pública os ingresos percibidos, resúltame case cómico o observar como a escasas datas para que se produza as eleccións hai unha présa pouco disimulada en pór en servizo estradas, asínanse con présa pero sen pausa, os planos de novos servizos de saúde, prométese sanidade gratis a costa do erario pùblico e un sinfin de eventos que me fan rememorar tempos pasados.
.
A historia repítese, é interminable, xente sen escrúpulos, sen ética, sen vergoña e con toda unha cara a base de armazón de cemento que se esqueceu que o POLITICO, é un servo dos seus votantes, é un personaxe que como di o refran "non só ha de parecer honesto, senón que ha de selo" e mentres un colectivo, os votantes, que rezamos para que a eleccion que fagamos a catro anos vista, sexa a menos mala de todas. Téñoo claro, este ano voto en branco, ata que apareza un merlo branco, capaz de devolverme a ilusión agora perdida, de que un mundo novo, todavia é posible.
Pilar C. S. -Pontevedra

Ningún comentario: