sábado, 14 de febreiro de 2009

O PARLAMENTO EUROPEO AMEAZA OS PLANS URBANÍSTICOS

-O Parlamento Europeo pide unha 'suspensión dos plans urbanísticos' en España, e ameaza con conxelar os fondos. Os eurodiputados rexeitan as emendas que presentaran o PSOE e o PP para suavizar o informe sobre abusos urbanísticos. A comisión de Peticións do Parlamento Europeo aprobou por 23 votos a favor, 11 en contra e 1 abstención un informe que pide a suspensión e a revisión de todos os novos plans urbanísticos novos en España que non respecten o medio ambiente e non garantan o dereito á propiedade.
.
A Eurocámara ameaza con conxelar os fondos estruturais para España se non se resolven os abusos urbanísticos denunciados en Bruxelas e critica a lentitude das autoridades xudiciais españolas á hora de dar resposta a estes casos.
As duras críticas que contén o informe cara ao urbanismo en España saíron adiante a pesar de que os eurodiputados do PSOE e do PP presentaran emendas coincidentes para suavizar o seu contido e suprimir parte das denuncias. A maioría destas emendas foron rexeitadas porque non contaron co respaldo dos seus colegas conservadores e socialistas europeos, que apoiaron o texto orixinal, elaborado pola eurodiputada verde Margrete Auken, e ata o endureceron.
O informe aínda debe ser votado polo pleno da Eurocámara, que está previsto que se pronuncie o próximo 26 de marzo. Se salgue adiante, será a terceira vez que o Parlamento Europeo aprobe un informe censurando os abusos urbanísticos en España na actual lexislatura.
O Parlamento denuncia que 'todas as administracións, central, autonómica e locais, son responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible, que tivo gravísimas consecuencias, por suposto ambientais e, ademais, sociais e económicas'.
Os eurodiputados expresan en particular 'a súa preocupación acerca da situación da planificación urbana no municipio de Marbella, en Andalucía, onde se construíron ilegalmente decenas de miles de vivendas, que infrinxen probablemente a lexislación comunitaria'. Tamén se censura que algunhas urbanizacións construíronse en zonas protexidas pola rede Natura 2000, como as urbanizacións en Cabo de Gata (Almería) e Murcia.
O informe critica ademais que as autoridades xudiciais españolas 'non están debidamente preparadas' para tratar os casos de abusos urbanísticos, que os tramitan con demasiada lentitude e que 'as sentenzas ditadas en moitos de tose casos non poden executarse de forma que compensen ás vítimas de tales abusos'. 'Iso reforzou a impresión, compartida por moitos cidadáns da UE de nacionalidade non española, acerca da falta de actuación e parcialidad da xustiza española', prosegue o texto.
Para facer fronte a estes problemas, a Eurocámara 'pide ás autoridades españolas que se derroguen todas as figuras legais que favorecen a especulación, talles como o axente urbanizador' .
Tamén se insta a revisar 'urxentemente' e a modificar a Lei de Costas a fin de protexer os dereitos dos lexítimos propietarios de vivendas e daqueles que posúen pequenas parcelas en zonas da costa que non teñen un impacto negativo sobre o medio ambiente costeiro'.
O Parlamento asegura que 'as persoas que adquiran de boa fe unha propiedade en España que sexa declarada ilegal deberían ter dereito a obter unha indemnización adecuada a través dos órganos xurisdiccionais españois'.
.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Una clase política española que solo se acuerda de sus ciudadanos justo cuando necesitan de ellos para seguir manteniendo su status.Me resulta increible que alguien,como la sra.vicepresidente del gobierno,vino a Vigo el pasado miercoles 11 de febero en un avión Mystere de la fuerza aerea española, como si con ella no existiera la crisis,acompañada como si fuere el Rey de España (Guardia Civil, Policia Nacional seguridad privada, etc.etc.)resultando un gran espectaculo en el aeropuerto de Peinador, solamente para apretar un botón, de una máquina tuneladora, que al día de hoy no funciona (Tunel del AVE)¡¡vergonzoso!! ¿acaso esa máquina no se puede poner en funcionamiento sin tan elegante gesto? ¿y si pilla un catarro y tarda una semana en sacárselo de encima,la máquina no arranca?.Esto es una demostración palpable de lo tontos que nos consideranlos políticos.
Hace muchos años, en 1988 creo recordar, Alfonso Guerra tomó prestado un Mystere de la Fuerza Aérea para llegar a tiempo a los toros. Volvía de Portugal con la querida y su hijo Pincho y se le echó el tiempo encima, de modo que llamó a un mandado y le pusieron un avión para el solito, uno de esos pequeños como los que llevaba Chase Gioberti en Falcon Crest.
IGUALIÑO, IGUALIÑO CA VICEPRESIDENTA

Anónimo dixo...

¡CORRUPTOS NUNCA MAIS!

VOTA EN BLACO

Anónimo dixo...

1 de Marzo dia do
"SANTO CORRUPTO VAITE DO BINGO"
debe se este un santo milagreiro pola cantidade "anuncios" que ten por toda la comarca e sobre todo en Vigo.