domingo, 22 de febreiro de 2009

PSOE E BNG, PERDERÁN AS ELECCIÓNS EN VIGO POLO PXOM

.
É na provincia de Pontevedra onde perigan os sufraxios dos socialistas.
..
As CATRO formacións políticas, PP, PSOE, BNG e EU, enfróntanse desde mañá aos últimos cinco días da campaña electoral, que ata agora tivo na crise económica e na mobilización do voto a base dos discursos.
PSdeG e BNG mostráronse preocupados pola abstención e, deste xeito, dedicaron os primeiros días da carreira cara ás urnas a tratar de mobilizar aos votantes, máis concretamente, tráense toda a artillería do partido a Vigo, clave das eleccións e conscientes de que unha elevada ausencia de cidadáns nas urnas daríalle aos 'populares' a única posibilidade de gobernar.
Esquerda Unida, recollerá os votos dos colectivos e persoas contrarias á aprobación do plan xeral de Vigo, que son moitos, posto que, nas pasadas eleccións municipais os votos dos opositores foron practicamente para o PSOE, que daquela, tamén se opoñian ao PXOM. Ninguén pode esquecer que co plan xeral, están afectadas 15.OOO vivendas, practicamente todas elas no rural (cantos votos lle restarán ao PSOE e BNG pola aprobación do PXOM de Vigo?, 15.000, 12.000, suficientes para que outra forza política entre na escea política.
As chiscadelas do candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, aos decepcionados co bipartito son constantes, "caso de Vigo co PXOM" convencido de que a sociedade está "farta" e comparte o "único berro" de que "xa está ben" de bipartito e de que "hai que cambiar".
Tamén confía nas súas posibilidades de lograr a maioría absoluta aos mozos, convencido de que este colectivo está "cada vez máis orgulloso de ser votante do PP" e, por iso, chamou aos menores de 30 anos a que se mobilicen e acudan a votar o domingo electoral.
Pola súa banda, o aspirante á reelección á Presidencia, o socialista Emilio Pérez Touriño, sabedor de que a desmovilización e a escasa participación electoral xogan na súa contra reclama en cada unha das súas intervencións públicas a mobilización masiva.
Tamén o fai o candidato do BNG, Anxo Quintana, que desde o primeiro día apela ao voto "masivo" para que Galicia "siga avanzando" e non volva ao "atraso" que propón o Partido Popular, que sitúa "máis lonxe aínda" dos gobernos de Fraga, en relación á "dereita española máis radical".
..

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Claro pra o CACIQUIÑO-QUINTANA o Nuñez Feijoo e mais de dereitas que Fraga, sobre todo dende que el o emita tam ben cas comidas y viases dos maiores cos cartos da Xunta.

A diferencia entre o caciquismo de Fraga e o de Quintana, e que este último o rexistrou ca denominacio de orixe "CHORIZO-GALEGO"

vota en blanco

Anónimo dixo...

El abuso del poder para el beneficio de intereses privados de quien o quienes tienen el poder político deteriora los regímenes democráticos. Es la corrupción política. Hay unanimidad al sostener que en esta problemática confluyen lo público y lo privado lo cual genera el debilitamiento del estado de derecho y la legitimidad del sistema menos malo: la democracia. Pero, ¿no será que lo privado invade a lo público o que el ámbito público ha sido creado a imagen y semejanza del privado y por esa creación defectuosa no se puede considerar en el control de la corrupción a todos sus elementos?
¡¡¡¡políticos corruptos!!!

Anónimo dixo...

¡¡CORRUPTOS NUNCA MAIS!!

Anónimo dixo...

¡¡AVISO DE EMERGENCIA!!

Se solicita ayuda urgente para la contratación de un nuevo detective del PEQUEÑO-TALIBAN ya que el que tiene, es tan torpe y atolondrado que cada tres por cuatro es descubierto y detectado por el contraespionaje, edemas el tipo es tan grande como cortito y en los momentos de apuro, no sabe resolver y se vuelve loco (Dicen que llevo un par de golpes en la cabeza y en los cambios de tiempo se descontrola) Dejando en evidencia a su amo que le paga con dinero de todos nosotros. Hoy a las 17,00 horas casi arma una desfeita de tráfico frente al Alcampo de Coia, al verse descubierto y pensar que su amo le gritara
¡¡ERES A OSTIAAAAAAAAA!! Imos palmar o domingo que ven po-la tua culpa buuurro.

NOTA: Os cartos que señan en moeda da galiza, non queromos nada dos españoes.