mércores, 4 de febreiro de 2009

TUNEL DE GUIXAR

No momento de aprobar o Plan Xeral por Concello de Vigo e Xunta de Galicia, as previsións de investimento non estaban garantidas.
Ao día de hoxe non soamente non está garantida, senón que non se sabe nin quen o vai a pagar, nin como se vai a distribuír o custo da actuación prevista.
Con este xeito de proceder, Concello de Vigo e Xunta de Galicia incumpriron claramente o art. 60 da lei do chan de Galicia, o que, xunto con outras ilegalidades, vai ser causa de anulación do Plan. Ademais estas prácticas evidencian o fácil que é actuar por encima da lei desde a Administración, facendo da arbitrariedade a norma (feitos consumados, primeiro actuamos e logo xa veremos, etc.).
.
LEI DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA E PROTECCIÓN DO MEDIO RURAL DE GALICIA: Artigo 60. Estratexia de actuación e estudo económico.
3. O plan xeral de ordenación municipal conterá unha avaliación do custo de execución dos sistemas xerais e das actuacións previstas, con indicación do carácter público ou privado da iniciativa de financiamento, xustificando as previsións que haxan de realizarse con recursos propios do concello.
No caso de que se atribúa o financiamento a administracións ou entidades públicas distintas do municipio, deberá acreditarse a conformidade das mesmas.
A construción do túnel de Guixar está aínda sen data por falta de financiamento A Xunta asumirá a redacción do proxecto
..
O financiamento para construír o futuro túnel de Guixar, sen concretar. Política Territorial achegará 11,5 millóns e ´o resto buscarase no seu momento´, dixo o alcalde.

Ningún comentario: