mércores, 18 de marzo de 2009

AS CORRUPTELAS DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

O Supremo ratifica que Feijóo aprobou o PXOM de Ourense con planos falsos
..
O tribunal decidirá se anula en firme o PXOM e paraliza a actividade urbanística.
..
O alcalde culpa a Feijóo, que aprobou o plan cando era conselleiro de Fraga.
.
O Concello de Ourense pode quedar nuns meses sen planeamento urbanístico. Oito sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declararon ilegal o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por diversas causas. O Goberno local presentou recursos coa única intención de demorar a súa anulación e gañar así tempo para redactar un novo. Pero un dos recursos non prospera. O Tribunal Supremo remitiu fai uns días ao Concello unha providencia que fai temer o peor aos técnicos municipais.
O alto tribunal cifra en polo menos dous as causas para rexeitar o recurso de casación contra a sentenza do TSXG, que anula o plan baseándose en que os planos expostos ao público non eran os que se aprobaron inicialmente no Concello, xa que variaba a edificabilidade. Na providencia dáse un prazo, que acabou onte, para presentar "outra crítica razoada". O Goberno local xa enviou as novas argumentacións, aínda que dubida que prosperen, xa que o auto do Supremo deixa claro que o cambio dos planos "non pode considerarse un erro".
"É un mal presaxio", destacou onte o alcalde, o socialista Francisco Rodríguez, que responsabiliza ao futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por autorizar o PXOM cando era conselleiro de Política Territorial, "a propósito de que era ilegal". "Terá que responder diso", advertiu o rexedor. O líder do PP galego autorizou en 2003, como responsable de Ordenación do Territorio, o PXOM de Ourense a pesar de ter constancia documental, segundo Rodríguez, de que había un cambiazo nos planos expostos ao público respecto dos aprobados inicialmente. O alcalde ourensán responsabiliza ao PP e a Núñez Feijóo da "adxudicación ilegal" do plan de ordenación urbanística. A súa anulación deixará a Ourense co planeamento de 1986, o que sitúa no limbo urbanístico o desenvolvemento da cidade desde aquel ano e impide o crecemento previsto.
O rexedor ourensán transmitiu a inquietude do gabinete xurídico municipal "e doutro exterior" que o seu equipo consultou. Todos coinciden en que Ourense está "en situación de urxencia". Por iso, reclama ao presidente in péctore da Xunta un "inmediato pronunciamiento" sobre a súa disposición a manter a folla de ruta garantida polo presidente en funcións, Emilio Pérez Touriño "para evitar que Ourense se paralice". "Feijóo aparece continuamente nos medios de comunicación con propostas de goberno, pero non di nada sobre o futuro desta cidade", reprocha o alcalde socialista. O mandatario ourensán emprazouno onte publicamente a que garanta "a saída responsable, mesurada e xuridicamente segura á que se comprometeu Touriño".
A folla de ruta que reclama o alcalde para liquidar "esta herdanza envelenada que deixou o PP" pasa pola colaboración entre Xunta e Concello. O alcalde reclama o apoio do Goberno galego na tramitación "do novo planeamento que se está redactando e que, mentres tanto, non se prexudique aos ourensáns". Esixe que a Xunta garanta o desenvolvemento urbano da cidade ata que non se redacte o novo PXOM. E solicita tamén a Feijóo un "compromiso público" que garanta a tramitación urxente dos proxectos estratéxicos aprobados para a cidade. Entre eles destaca os de Rólda Bulevar, o Plan de Termalismo, o Plan Especial da Universidade e a integración do AVE na cidade. Ademais, solicita a redacción de medidas especiais para os proxectos comerciais previstos (a instalación do Corte Inglés e de Eroski) na finca Santa Marina e A Farixa.
E o que é peor, cando o entón xefe do servizo de Planeamento do Concello, Cándido Ortells, advertiu da demanda do empresario, foi obviar polo rexedor Cabezas, que pouco antes de aprobar definitivamente o Plan, comunicaba á Xunta que se atiña totalmente á legalidade.
Foi así como aprobáronse cambios substanciais en zonas como diversas torres na Ponte (Basilio Alvarez, Tinteiro, Ribeiriño), onde na exposición pública aparecía como chan non consolidado e con 12 plantas como máximo, e na aprobación inicial e definitiva, figuraba xa como chan consolidado (exento de cesións) e edificios de 19 alturas.
Ou o caso da esquina de Marcelo Macías-Progreso, onde o que estaba exposto era unha mazá de edificios de sete e catro plantas como máximo, e o aprobado amplía o ámbito de execución e edificios de 10 alturas.
O rexedor reclama prudencia ao seu antecesor, o actual portavoz do PP na Corporación, Enrique Nóvoa. "Segue dicindo frivolidades como que é suficiente con facer uns retoques no PXOM", reproba Rodríguez. "Feijóo debe facerlle entender que cando un planeamento se anula por ilegal hai que redactar outro novo".

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Este de la foto, Nuñez Feijoo, por la ropa que llevan, parecen del partido del cocodrilo (PP). Un partido cuyos responsables son unos verdaderos inutiles, cuando pierdan las próximas elecciones se darán golpes de pecho y llorarán con lágrimas de cocodrilo, después de haber puesto en peligro la Unidad de la Patria.
¡¡EN EL PP NO HAY DEMOCRACIA!!
¡¡EN EL PP SOLO EXISTE CORRUPCIÓN!!

¿¿PELIGRO SI GOBIERNA CORINA PORRO, LA CORRUPCIÓN ESTÁ ASEGURADA!!

Anónimo dixo...

¡FEIJÓO CAUDILLO!
¡Salve Feijóo: ave fénix de la patria, caudillo de las galicias, víctor de los bipartitos, exterminador de galescolas, próximo zapatero monclovita!

La historia de novela negra que está protagonizando el PP, llegará a su punto álgido cuando los diferentes órdagos que se lanzan Mariano Rajoy y Esperanza Aguirre lleguen a su final y desemboquen en la dimisión de algún alto cargo del PP madrileño o valenciano en la ruptura del propio partido. De momento prefieren esperar que pasen las elecciones europeas que es donde apuestan fuerte, pero Galicia ya no es lo que era para el PP. Los descalabros en Lugo son evidentes, en Orense intentaron arreglarlo largando al caimán pero el daño está hecho.
En definitiva el PP está demostrando la falsa moral de su discurso costumbrista y moralista, está demostrando lo poco preparado que está para gobernar a los vascos, a los gallegos, a los españoles...Pero será mejor no adelantarse al final de esta novela de detectives y espías y aguardar a ver que ocurre.