martes, 17 de marzo de 2009

AVALIACIÓN AMBIENTAL EN MENOS TEMPO

Greenpeace rexeita a redución do trámite na declaracións de avaliación ambiental que expón Zapatero
..
Greenpeace manifestou o seu máis profundo rexeitamento ante o anuncio feito polo presidente do Goberno dentro das súas medidas para liberalizar a economía de reducir os trámites das declaracións de avaliación do impacto ambiental para pór en marcha as obras públicas.
A organización ecoloxista considera que reducir os trámites das declaración de impacto ambiental converterá ao medio ambiente nunha nova vítima das crise económica. Este trámite é fundamental para salvagardar os valores naturais presentes no noso territorio e a súa redución poría en grave perigo numerosos habitats, moitos dos cales son vitais para a supervivencia de especies en perigo.
Greenpeace considera que o mes de agosto é o máis inadecuado para unha proposta deste calibre e mostra que o Goberno ten un escaso respecto e interese na protección do medio ambiente.
"/Estamos moi sorprendidos ante este novo paso de Zapatero en contra do medio ambiente. É unha mostra máis do pouco que o Presidente valora as súas promesas electorais e vén continuar a traxectoria que se iniciou coa desaparición do Ministerio na práctica. O medio ambiente non pode ser o pagán da crise económica. A economía baseada na Investigación e a Innovación que di promover Zapatero está moi afastada de seguir promovendo o cemento e o formigón a calquera prezo"/" declarou Juan López de Uralde, director de Greenpeace.

Ningún comentario: