domingo, 15 de marzo de 2009

O PXOM DE VIGO DERRUBOU AO BIPARTITO

Anxo Quintana e a Executiva do BNG presentan a súa dimisión.
.
O portavoz nacional do BNG anuncia que non volverá presentarse ao cargo na Asemblea extraordinaria que a formación nacionalista celebrará a principios do mes de maio.
.
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, presentou hoxe a dimisión de toda a Executiva e anunciou que non ten intención de presentarse de novo ao posto na Asemblea extraordinaria que a formación celebrará a principios do mes de maio.
Quintana trasladou esta decisión durante unha intervención no Consello Nacional do BNG, o máximo órgano entre Asembleas, no que a formación nacionalista galega inicia o "proceso de reflexión e análise" dos resultados electorais do pasado 1 de marzo, nos que pasaron de 13 a 12 deputados e baixaron en votos. Esta circunstancia impediu revalidar o goberno de coalición cos socialistas, a primeira vez que o BNG estivo no goberno autonómico, xa que o PP alzouse con 38 deputados, un máis que a anterior lexislatura, o que lle deu a maioría absoluta.
Fai uns días, Anxo Quintana xa anunciou que non repetiría como candidato á presidencia da Xunta. Nunha carta remitida aos militantes do partido nacionalista, Quintana avogaba por abrir unha nova etapa "que debe ser protagonizada por novos actores". O dirixente nacionalista defiendía unha nova dirección "consensuada" e, no seu momento, "unha nova candidatura á Xunta".
A misiva de Quintana atribuía a derrota electoral a unha errónea lectura dos cambios sociais en Galicia. O portavoz nacional facía especial fincapé na cuestión do idioma. Así, avogaba por "un novo posicionamento público ante o proxecto de normalización lingüística".
Respecto ao descenso de votos da formación e a perda dun escano no Parlamento de Santiago, Quintana asumía erros como a "infravaloración do potencial real do PP como corrente ideolóxica" ou a incapacidade para implantar "unha auténtica cultura de coalición". Así como unha "evolución españolizadora" das clases medias, "cada vez máis distanciadas do proceso galleguizador do nacionalismo", e a "incapacidade" do BNG para "ler a nova situación, principalmente no tema lingüístico". A crise, continúa, favoreceu as "proclamas demagóxicas" sobre despilfarros.
-
O PP capta o voto urbano e arrasa en Vigo.
.
Baixada socialista
.
En Vigo, o PSOE interrompeu drasticamente o crecemento alcista dos apoios que viña recibindo desde o 2001. De estar practicamente empatado co PP fai catro anos, baixaron onte cinco puntos. Os populares onte sumaron en Vigo 15.000 votos máis que o PSOE. Así, o empate técnico das autonómicas do 2005 resolveuse de forma clara a favor do PP, un partido polo que onte votaron nove mil persoas máis que fai catro anos. No outro extremo, o PSOE, que en catro anos perdeu seis mil votantes e que non puido rendibilizar a alcaldía que ostenta Abel Caballero, nin manter a tendencia alcista que fai catro anos estivo a piques de convertelo na forza máis votada na cidade, a aprobación do PXOM de Vigo polos partidos PSOE-BNG, levaron a aos cidadáns a darlle un castigo polas mentiras recibidas antes das eleccións municipais, xa que o PSOE estaba en contra do PXOM, e cando chegou ao poder cambiou de rumbo e aprobouno.
No caso do BNG, confirmouse a perda de apoios que veñen padecendo desde fai máis dunha década.
.
.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

El PXOM vigués abre una «nueva senda» en el urbanismo de la ciudad, dijo Abel Caballero "el regidor socialista", quien aseguró que el desarrollo del documento urbanístico movilizará recursos económicos por valor de «15 billones de pesetas», unos 90.000 millones de euros. Caballero comentó que no le preocupan los posibles recursos que puedan presentarse a la legalidad del PXOM porque, aseveró, el documento está «blindado jurídicamente».
LO VEREMOS SR. CABALLERO, POR LO VISTO HAY 100 DEMANDAS EN EL CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO, CABALLERO Y CARMELA SILVA, SALTARÁN POR LOS AIRES CUANDO LOS TRIBUNALES TIREN EL PXOM, SIN OLVIDARSE DEL DICTADOR XULIO CALVIÑO.

HAY QUE SER CENIZO, EMBUSTERO, ARROGANTE, DEMAGOGO, DICTADOR, ENANO...¡¡QUE POCA VENGÜENZA TIENEN LOS SOCIALISTAS!! ¡¡AUTÉNTICOS VENDIDOS!!

Anónimo dixo...

Y que decir del antidemocratico y cacique teniente de alcalde Santiago Dominguez, vaya cara que tiene este nuevo señorito nacionalista.
Cuando llegará el relevo para este sinverguenza, no se dan cuenta los del bng que es su ruina