O PSOE PERDE EN VIGO 6.OOO VOTOS
O BNG PERDE EN VIGO 3.OOO VOTOS.
VOTOS EMITIDOS A OUTROS PARTIDOS MINORITARIOS EN VIGO 9.152
VOTOS EN BRANCO EMITIDOS EN VIGO 3.192
1)O descalabro en Vigo e o resultado do bipartito, por os gastos que orixinan a os cidadáns, (dous gobernos)
.2)A aprobación do Plan Xeral, Alternativa Veciñal valorou fai tempo que isto ocorrería, de feito se lle enviou un escrito ao Sr. Pérez Touriño do que pasaría no caso aprobar un PXOM ilegal. Os colectivos contra o PXOM, tamén avisaron.
.3)As chulerias, prepotencia e cacicadas de Abel Caballero con mando e ordeno, menos mal que ten os dias contados na poltrona así como ao BNG.
.4)A arrogancia da Sra. Caride ante a aprobación do PXOM ilegal, O Plan Vigo Integra, Depuradora de Coruxo e outros, vendeuse ao maior postor.
.5)Ao PSOE a cidadanía de Vigo importalle un bledo, de feito vendeuse a favor do PXOM, cando Ventura Pérez Mariñó e o PSOE estaban en contra do mesmo, chegou o iluminado Sr. Caballero e a comparsa do Sr. Calviño e Carmela Silva a darlle a volta ao Plan Xeral que saben que é ilegal.
6) Con respecto ao BNG, sen comentarios, só ver as noticias na prensa, xa di todo. O BNG é a Fábula do escorpión e a ra.
Ao BNG: non che enganes a ti mesmo nin a ninguén, un sempre é o que é, a pesar das circunstancias.
..¡O PSOE NON PODE ESQUECER NUNCA, QUE O POBO É SOBERANO!
O duelo na provincia de Pontevedra, pola cal concorrían tanto o candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como o do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, saldouse cunha vitoria para o dirixente 'popular', na provincia de onde, ademais, é orixinario o presidente do PP, Mariano Rajoy.
En Pontevedra, os 'populares' suman un deputado máis aos dez cos que se quedaron no ano 2005 grazas a un ascenso de máis de tres puntos e medio nos seus apoios, o que se traduciu en case 31.800 votos máis respecto de 2005. Fai catro anos, o PP perdera o seu último escano por Pontevedra por só 8.700 votos.
Por contra, os apoios do PSdeG en Pontevedra caeron un 3,3 por cento, o que se traduce en máis de 9.000 sufraxios menos por esta circunscrición. Así mesmo, as papeletas do BNG caeron en case dous puntos e medio nesta provincia, na cal perdeu máis de 7.800 votos.
1 comentario:
Santi cacique con denominación de orixe "CHORIZO GALEGO" responsable da desfeita do BNG en Vigo.
Publicar un comentario