domingo, 14 de xuño de 2009

ALGÚN MÁIS CERCA?

O Concello paraliza a construción da casa dun recoñecido arquitecto en Baredo.

A vivenda, situada no núcleo de Cabreiro, ocupa chan cualificado de non urbanizable no PGOU vixente.

O Concello de Baiona emitiu unha orde de paralización de obra contra a vivenda que o arquitecto León López da Osa, catedrático da Escola de Arquitectura da Coruña, constrúe no barrio de Cabreiro, en Baredo. Trátase dunha casa de formigón caravista que se sitúa en terreos non urbanizables e que fora denunciada por veciños da zona que consideran, ademais, que as súas características non se axustan á tipoloxía do resto de construcións deste núcleo rural próximo á costa.
Segundo o informe técnico que xustifica a decisión do concello, a obra, aínda que si contaba con licenza municipal, non respecta o planeamento urbanístico vixente (PXOU de 1994) ao ocupar un terreo clasificado neste documento como "non urbanizable de núcleo rural". ¡Ten licenza pero non se axusta ao PXOU, non se entende!
A inspección realizada polos técnicos do concello a finais do pasado mes de maio tamén revelou outras irregularidades na construción da vivenda, cuxa execución non é fiel ao proxecto autorizado polo departamento municipal de Urbanismo. ¡Enton si se pode edificar!
Así, a orde de suspensión dos traballos sinala que a casa "excede o número de alturas máximo". Explica que a planta soto debe computar realmente como "semisótano" posto que "non se atopa totalmente baixo rasante", posto que "sobresae o fondo e realiza apertura de ocos non incluídos no proxecto".
O informe técnico apunta así mesmo que a construción tampouco é rigorosa en canto ao retranqueo mínimo que debe gardar o muro de peche da leira con respecto ao camiño público de acceso. Asegura tamén que se está executando "unha estrutura metálica que non constaba na licenza concedida". ¡Enton se pode edificar!
Doutra banda, nas denuncias de particulares que deron orixe á suspensión decretada agora polo concello, veciños do barrio de Cabreiro sinalaban ademais que o deseño e os materiais empregados para a construción da casa son inapropiados dada a tipoloxía arquitectónica xeral deste núcleo rural baionés. Neste sentido, apuntan que as obras supón un "ataque" á Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia.
Por todo iso, o concello baionés esixe agora ao propietario a paralización "inmediata" dos traballos ademais de abrir xa un expediente de reposición da legalidade.
ALGÚN MÁIS CERCA?

Ningún comentario: