luns, 15 de xuño de 2009

CONSELLEIROS DA CRTVG COBRABAN POR IR A PARTIDOS DA SELECCIÓN

Ata 143.000 euros nun ano e dietas por asistir a actos, xa sexa a inauguración dunha exposición ou un partido da selección galega. Os 7.000 euros mensuais que se embolsarán os recentemente elixidos membros do consello de administración de CRTVG, que chegarán facilmente aos 80.000 e aos 90.000 euros anuais, son unha cantidade moderada, se se compara coas que se cobraban na última lexislatura de Fraga, con ata catro conselleiros por encima dos 100.000 euros anuais en 2005.
A clasificación dos que máis cobraron ese ano encabézaa un conselleiro que se embolsou 143.551. Séguelle outro con 132.010. O terceiro cobrou 128.392 e o cuarto, 114.696. Rozaron os seis díxitos dous conselleiros, que ingresaron 97.327 e 95.168 euros. O seguinte sumou 89.759. Os demais conselleiros estiveron ese ano por encima do 52.089, cantidade embolsada por un xornalista cuxo traballo impedíalle asistir ás comisións. En 2004 o tope situouse en 124.039. Outros tres conselleiros cobraron máis de 100.00 euros, e outros dous quedaron a 1.500 e a 13.000 euros desa cantidade.
Para alcanzar esas cifras, o sistema consiste en convocar consellos e comisións. "Non había asuntos que meter na orde do día das comisións, pero era o de menos: inventábanse os temas para poder cobrar a dieta por unha reunión de dous minutos", sinala un veterano conselleiro, que asegura que no último mandato logrouse rebaixar o número de comisións.
Outra medida que permitiu moderar os ingresos foi a renuncia ás dietas que tradicionalmente se cobraron por asistir a actos. Non necesariamente en representación do consello. Nun partido da selección galega, por exemplo, coincidiron no palco un puñado de conselleiros. Todos os que quixeron acudir, a cambio dunha remuneración de 150 euros por persoa máis quilometraxe.
Os ingresos parten dun fixo de 2.700 euros ao mes, máis complementos por consellos e comisións que elevan o soldo por encima dos 7.000 euros. O consello de CRTVG é o único órgano elixido polo Parlamento que fixa os seus propios ingresos, coa idea de cobrar igual que os deputados. Estes ingresan unha media de 4.200 euros ao mes. Para xustificar a diferenza, os conselleiros da radio e a televisión autonómicas argumentan que os seus ingresos están suxeitos a unha retención do 35%, en tanto que os deputados están practicamente exentos.
Os ingresos
- En 2005, catro conselleiros superaron os 100.000 euros. Ingresaron as seguintes cantidades: 143,551 euros, 132.010, 128.382, e 132.01. Só cinco gañaron menos de 90.000.

- En 2004, o que máis gañou embolsouse 124.039 euros. Os seguintes, 123.554, 111.273 e 101.802. Séguenlles dous conselleiros que gañaron 98.556 e 86.777 euros.
EL PAIS

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Políticos, el clero, funcionarios(del estado y de autonomias), la familia real. Imposible de mantener. La sociedad debe ser igualitaria sino unos se comen a los otros. Y los citados comen mucho y no hacen nada o muy poco. Falta ética, verguenza y honradez.

Anónimo dixo...

El ciudadano de a pié, acomodado en todo momento al poder establecido, ha jaleado en ocasiones a los ladrones institucionales, justificando muchas veces sus tropelías, y hasta admirándoles en secreto. Porque, aunque resulte duro reconocerlo, vivimos en un país donde el que puede llega tarde al trabajo, estafa a Hacienda o se apropia de lo que no le pertenece.