sábado, 13 de xuño de 2009

CONTRATOS A UNHA FIRMA DE ALTOS CARGOS DO BNG

A empresa Carrumeiro Media SA, fundada por dirixentes do Bloque Nacionalista Galego (BNG), recibiu durante o mandato da Xunta bipartita (PSdeG e nacionalistas) 78 contratos valorados en 1,1 millóns de euros e outorgados por consellerías controladas polos nacionalistas. Boa parte das adxudicacións foron concedidas polos departamentos de Industria e Medio Rural, dos que eran altos cargos Xoán Manuel Bazarra Agulla e Alberte Soto Soto, dous das persoas que constituíron a sociedade xunto ao ata hai pouco secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede.
Os tres deixaron os seus postos na firma en outubro de 2006, máis dun ano despois de que o bipartito tomase posesión, aínda que na dirección quedaron outros cargos do partido. Dous meses despois empezou a caer sobre Carrumeiro Media SA a fervenza de adxudicacións, que incluíu desde a organización de concertos á distribución de chapas, camisetas e chapeus de palla.
Bazarra Agulla foi xefe de gabinete da Consellería de Industria co bipartito e durante máis dun ano, entre o verán de 2005 e outubro de 2006, compaxinou este cargo co de administrador de Carrumeiro Media, segundo consta no Rexistro Mercantil. O mesmo fixo Soto Soto, que foi á vez secretario xeral de Medio Rural e administrador da empresa neste período, durante o cal actuou como presidente de Carrumeiro Media Alberte Ansede, entón responsable comarcal do BNG na Coruña.
Ampliación de actividade
Pero en outubro de 2006 Carrumeiro Media dá un xiro. Bazarra, Soto e Ansede deixan os seus cargos na empresa e o seu domicilio afástase xeograficamente do BNG, trasladándose desde o edificio onde o partido ten a súa sede en Santiago de Compostela (onde tamén foi fundada a firma) ata un polígono industrial do veciño concello de Ames.
Tamén se amplía o obxecto social da firma: se antes dedicábase á "edición, distribución, promoción e venda" de publicacións periódicas, libros, folletos e obras audiovisuais, desde aquel momento engade á lista de funcións a "produción de eventos literarios, plásticos, musicais, cinematográficos, radiofónicos, televisivos, videográficos, fotográficos; feirais, eventos, software e todo tipo de obras multimedia, incluída a súa loxística, representación e asesoramento de artistas".
No Nadal de 2006, dous meses despois de que os tres dirixentes do BNG deixasen os cargos na empresa, as consellerías controladas polos nacionalistas empezan a adxudicar contratos a Carrumeiro Media. O primeiro deles chégalle da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar que dirixe Anxo Quintana, que lle encarga á firma a "produción, promoción e desenvolvemento" dun concerto musical para celebrar o Día Internacional do Voluntariado por 168.000 euros. Tras este encargo producíronse 77 adxudicacións máis de consellerías nacionalistas por cantidades que oscilan entre os 226 e os 184.580 euros.

A empresa favorecida polo BNG tamén organizaba as súas campañas...

A publicista electoral do BNG preside a empresa beneficiada polo bipartito...

O PP acusa de financiamento irregular ao BNG na Xunta...

O PP ve indicios de "financiamento ilegal" do BNG...

4 comentarios:

Anónimo dixo...

¡Qué pena me da este país! Pero ¿no podemos hacer algo los que realmente queremos una democracia justa, honrada y respetuosa de la opinión de todos? En las próximas elecciones cómo expresar la protesta...¿abstenerse? ¿votar en blanco? parece ser que eso siempre beneficia a uno de los grandes partidos, y ninguno lo está haciendo bien...¿votar a un partido pequeño de los que seguro no gana, que tenga más o menos las ideas de cada cual? Aquí hay motivos de sobra para dimitir en pleno, nos están dejando el país para el arrastre y la ruina.

Anónimo dixo...

La corrupción es tan vieja como la no menos extinguible prostitución; en una se prostituye el cuerpo humano y en la otra se prostituye el cuerpo social. En una el perjuicio es personal, en la otra, el detrimento es causado por pocos, y las consecuencias son asumidas por muchos. En la prostitución el placer es parte del negocio, en la corrupción el placer genera un vicio, que también es negocio. La prostitución en algunos países es legal, se ha normativizado y compite dentro del mercado como un rubro comercial más, en nuestro país la corrupción no se ha legalizado pero es verdad que muchas veces no halla trabas jurídicas ni institucionales para actuar y efectuar los oscuros manejos.

DEMOCRACIA dixo...

Pero la corrupción de las corrupciones, el mayor aprovechamiento de lo público para beneficio propio, han sido las privatizaciones por parte del PP, de las empresas públicas y la especulación con el suelo y la vivienda.

claudioataturk dixo...

No empecemos con el PP, ; ahora es el BNG y antes el PSOE. TODOS son responsables pero la sociedad más por dejarles hacer sin castigarlos en las urnas y encima están trucadas por el sistema electoral.
Vaya verguenza para todos.
¿ De las autoridades y del poder judicial qué ? Tienen bula cuando debieran ser los que controlasen, de oficio, todas estas faltrucadas o caballadas que dá igual.
Saludos
Ataturk.