mércores, 17 de xuño de 2009

A REDE NATURA AMPLÍASE AOS MARES

Durante cinco anos, varias institucións investigarán a biodiversidade das 10 áreas elixidas pola súa riqueza

A Rede Natura 2000 de España conta cunha representación completa dos ecosistemas terrestres e engloba 565 zonas de especial protección para aves e 1.434 lugares de interese comunitario. En total, abarcan o 25% da superficie terrestre de España. Con todo, a Rede Natura 2000 Mariña está dando os seus primeiros pasos e, como esixe a Convención de Diversidade Biolóxica da ONU, polo menos o 10% da superficie mariña deberá estar baixo protección en 2012.
O primeiro paso foi elixir as 10 áreas mariñas máis ricas en biodiversidade e máis representativas dos ecosistemas mariños de España. Estas 10 grandes áreas están situadas nas rexións atlántica, mediterránea e macaronésica: Canón de Creus, Delta do Ebro-Columbretes, Canle de Menorca, Seco das Oliveiras, Illa de Alborán e Conos Volcánicos de Alborán, Chemineas de Cádiz, Banco de Galicia, Canón de Avilés, Banco da Concepción e Área de Gran Canaria-Fuerteventura.
Para chegar ás 10 estrelas mariñas, a primeira selección partiu en 2004 dun proxecto de WWF e o Ministerio de Medio Ambiente, no que se identificaron 49 áreas mariñas a protexer. Pola súa banda, a Sociedade Española de Ornitoloxía identificou 42 lugares mariños de interese ornitológico. Destes, a Fundación Biodiversidade identificou as 10 áreas mariñas nas que se estudará a súa fauna e flora, a través do proxecto LIFE Indemares, co obxectivo de coñecer os seus valores naturais para propor a súa inclusión na Rede Natura 2000 Mariña.
No proxecto participan nove socios, xunto á Fundación Biodiversidade: o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Alnitak, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Oceana, a Sociedade para o Estudo dos Cetáceos no Arquipélago Canario, SEO/BirdLife e WWF España. O proxecto conta cun orzamento de 15,4 millóns de euros, financiado ao 50% pola Comisión Europea.
A protección dos hábitats é un requisito previo á conservación de especies, e por iso desde o IEO e o CSIC se cartografiarán e fotografarán os hábitats para identificar toda a súa biodiversidade. SEO, explicou que esta organización continuará cos marcadores para control e seguimento de aves e realizará censos para coñecer o seu comportamento e posibles ameazas. E desde Alnitak, identificaranse poboacións, abundancia e distribución de cetáceos e tartarugas. En 2013 coñecerase a fondo a riqueza biolóxica destas 10 áreas mariñas.
Contar co sector pesqueiro
A Confederación Española de Pesca, que agrupa a 49 asociacións de armadores, 1.500 empresas e 1.900 buques, mostrouse a favor de crear áreas mariñas protexidas "onde sexan necesarias" e sempre que se estude antes o seu impacto socioeconómico nas flotas.
Pola súa banda, o presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Xirona, apuntou que na zona xa hai nove propostas diferentes de áreas a protexer e pediu "sentido común e que se teña en conta o traballo de moitas familias que viven e coidan do mar".

1 comentario:

EL TENIENTE FANFARRON dixo...

HISTORIAS DE LA PUTA MILI dijo...


La pregunta del MILLON: Por favor… Marco, no la borres y préstale mucha atención…

¿Qué hacían o pintabaaaaaan, cuatro funcionarios del Concello agazapados en la oscuridad de la noche y los frondosos árboles sin podar, de una abandonada zona de Coya hoy, ahora, hace un rato, es decir a las CUATRO DE LA MAÑANA, en un TODO-TERRENO blanco, con el anagrama del AYUNTAMIENTO, cuya MATRICULA empieza por 7 y termina en 5 con las letras BH y coincidiendo ¡¡Ho, casualidad!! Frente mismo de la casa de un
“amigo” del TENIENTE-MATON

¿Estarían “FLOREANDO” como en la mili o vigilando?

Si lo primero, es grave, lo segundo, sería gravísimo, ya solo faltaba que entre los cuatro, estuviese el DETECTIVE, sí, sí, ese, el mismo el que esta MAL DE LA CABEZA, después de llevar un fuerte golpe en la misma, cuando conducía como un loco y borracho a altas horas de la madrugada por la zona de Beade. Por eso lo inhabilitaron para le profesión, pero como es “intimo” de PANCHO-CERVEZAS asesor del “teniente” sigue currando para el, lo que no esta claro, o sí lo está, es quien le paga, si este o el pueblo de Vigo.

Los “servicios secretos” ya trabajan a estas horas, en averiguar a que departamento pertenece dicho TODO-TERRENO, si a vías y obras, limpieza, policía, deportes… Y que misión especifica cumplían a esas horas, y justo en ese lugar, ya que es muy sospechoso, que al percatarse el “amigo” del TENIENTE, y salir con una linterna y su PERRO GRANDE, (Aun que no tan grande y peligroso como el del policía “ex famoso” que amenaza con el mismo a los que “retiene” de noche en la carretera del CUVI) Estos se dieron a la “fuga” no lo suficientemente rápido, como que dio tiempo tomarle la matricula.

Veremos que dice la juez de este nuevo episodio.

Besos e boa noite para todos, pra os “malos seguidores” tamen, ¿Por qué non? Eles a fin de contas, non deisan de ser “soldados” ha o servicio do TENIENTE-FANFARRON
18/6/09 05:15