venres, 31 de xullo de 2009

POLÍTICOS CORRUPTOS

Nos tempos que corren, coas familias asfixiadas, os políticos corruptos, os sindicatos adormecidos, os xuíces cazando, os cineastas subvencionados, as promotoras afundidas, as fábricas de coches con ERE´s, os alcaldes e concelleiros de urbanismo en liberdade, as eléctricas cobrando á seu antollo, os altos executivos mamando cartóns sen límite, mentres que os bancos séguennos cobrando por respirar, por vivir, un día tras outro, hoxe máis que nunca, non só xustifico a Bertold Brecht, senón que reivindico o saír á rúa armados, sobre todo, con vergoña e dignidade para que o pobo, principio e fin desta sociedade, atalle dunha vez este despelote colectivo.
Non, non son dun signo nin doutro, non son de dereitas nin de esquerdas, son tan só serpes egoístas, malversadores egocéntricos, cascudas que nacen na ciénaga e ruben polos alicerces de formigón ata empolicarse ao tellado das súas edificacións, construcións levantadas entre lodo e barro a golpe de billetero coa conivencia e colaboración necesaria dos amos e señores das maiores e máis grises empresas: as construtoras enriquecidas grazas á manipulación e o engano, á extorsión, á chantaxe...
A corrupción política é un cogomelo que nace e multiplícase coa escuridade, e coa existencia dunha débil moral que permite que prevaleza a oportunidade política sobre outros valores como o da honestidade e a honradez. Aparece e propágase coa falta de concreción das leis, ou o excesivo poder discrecional que provoca certa debilidade no Estado de Dereito. A corrupción política xorde e reprodúcese coa lentitude, nos procesos administrativos, que manifestan ineficacia e pouca axilidade que se suple, en demasiados casos, co suborno, o pago de comisións, o tráfico de influencias, etcétera. A corrupción política esténdese como unha praga cando se exerce unha Gobernanza incipiente, onde non se combinan a responsabilidade, a transparencia e a participación en todo o relacionado co público.

3 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

Opino que mientras haya dinero, habrá poder y corrupción. Los que más tienen, tendrán más solo a costa de que los que menos tienen, tengan menos.

Anónimo dixo...

A pesar de que los gobernantes en un Estado de Derecho tienen la obligación ineludible de cumplir escrupulosamente la Ley en su actuación, con objetividad, no debiendo favorecer a nadie en perjuicio de nadie, ya que nos representan supuestamente a todos.

DEMOCRACIA dixo...

A pesar de que la crisis es global, en España su naturaleza responde sobre todo al modelo de crecimiento económico de los últimos años, ese que ha vuelto a generar pobreza para algunos, riqueza para otros, injusticia, endeudamiento de las familias y una diferencia intolerable entre las clases sociales, entre las que ahora hay que destacar a las muy pobres. Si experimentamos alguna clase de libertad parcial durante la década inmediatamente posterior a la transición, aquello se acabó, señores. Y el fondo de todo esto son los millonarios surgidos al amparo de la corrupción política y financiera del país.