mércores, 15 de xullo de 2009

A XUNTA APROBA AS MODIFICACIÓNS DO PXOM DE VIGO

Medio Ambiente outorga o visto bo aos ámbitos en suspenso do PXOM de Vigo, logo das modificacións efectuadas polo Concello

Os cambios introducidos teñen como obxectivo solventar as deficiencias detectadas pola anterior Xunta na aprobación definitiva do Plan Xeral

Vigo, 13 de xullo de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou a orde pola que outorga o visto bo aos ámbitos en suspenso do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vigo, logo das modificacións introducidas para solucionar as deficiencias detectadas pola anterior Xunta na aprobación definitiva do Plan. O documento foi remitido ao concello esta mesma mañá.
A anterior Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes outorgou o 16 de maio de 2008 a aprobación definitiva do PXOM con carácter parcial, co obxectivo de que o Concello de Vigo corrixira unha serie de deficiencias atopadas no documento de planeamento presentado na Xunta. Neste senso, a orde ditada hoxe refírese exclusivamente ao documento reformado para cumprir o ditamen emitido pola anterior Xunta de Galicia.
En concreto, as áreas que quedaron en suspenso referíanse aos seguintes puntos:

1. Cualificación de terreos destinados a Sistemas Xerais.
2. Clasificación do Solo de Núcleo Rural, no relativo á acreditación do carácter tradicional das vivendas. Ademais, as áreas de expansión que afectaban a terreos que debían ser clasificados como solo rústico de especial protección, superaban a distancia máxima esixida na Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, ou ben non se xustificaba a súa necesidade.
3. Ámbitos de Solo Urbano Consolidado que non tiñan acreditada a concorrencia das circunstancias legalmente esixidas para esa categorización.
4. Normas que contraviñan prescricións da lexislación urbanística estatal ou autonómica.
5. Determinacións do informe da Dirección Xeral de Urbanismo en materia de costas, relativas á integración de terreos no Dominio Público Marítimo – Terrestre e á súa clasificación como Solo Rústico de Protección de Costas.
6. Erros materiais en Fichas de ámbitos de xestión, con referencia a Convenios non incorporados ao PXOM.
7. Falla da “Variante de trazado. Tramo Porriño-Vigo”, cuxo estudo informativo e incidencia supramunicipal foi aprobado definitivamente por Resolución do Secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento o 20/10/2007 (BOE do 25/10/2007).

O Concello de Vigo realizou as modificacións pertinentes para salvar as deficiencias sinaladas pola anterior Xunta. Posteriormente, o expediente municipal foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), con rexistro de entrada o 14 de abril de 2009.
Unha vez analizado dito expediente, e comprobado que coas modificacións introducidas eméndanse os erros observados, a Consellería remitiu hoxe ao concello a orde pola que se aproban os ámbitos en suspenso.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

La corrupción es la gran transnacional, afirmo MARIO BENEDETTI a Faro de Vigo el 19 de Abril de 1.994 Que razón tenia ya por entonces el escritor y poeta uruguayo.

Aquí dado el entreguismo al BECERRO DE ORO y la obsesión de algunos por el dinero rápido, ya será mejor ir preparando una gran campaña en favor del VOTO NULO, más que el en blanco, tendremos que meter la papeletas de todos los partidos juntas en el sobre, tachando los nombres de los…

CORRUPTOS, CHORIZOS, LADRONES, MEDIOCRES, CAMALEONES, INUTILES, SINVERGUENZAS
CARADURAS, MANGANTES, MALEANTES, LADRILLEROS, HORMIGONEROS, MENTIROSOS, FANTASIOSOS, ILUSIONISTAS, QUERIDAS, ILUMINADOS, ALICUACANOS, PARASITOS, ESTAFADORES, VERDULEROS, CHANCHULLEROS, COBRADORES DE OBRAS, MISERABLES, BANDIDOS, TRAIDORES, FALSOS –LOITADORES, TALIBANES, INTEGRISTAS, FALSOS SOCIALISTAS, EXTREMISTAS CAPITALISTAS, FALSOS SINDICALISTAS, CUENTISTAS, NAZI-ONALISTAS, SANGUIJUELAS, BORRACHOS DE LA NOCHE, TESTAFERROS, RATEROS, PALANGANEROS, VENDIDOS , COMPRADOS, MALEDUCADOS, FARISEOS, CINICOS, CERDOS, CERDITOS, RASTREROS, CUATREROS, BURROS/AS, ZANGANOS, VAGOS, CAMBIA CHAQUETAS, TRAPALLEIROS, CHUPONES, MAMONES, CHULOS, DESPOTAS, ARROGANTES, FANTASMAS, VIVIDORES DE LA NOCHE, MIERDENTOS, RATAS…

Y demás basura que se arriman como lapas a la COSA PÚBLICA con tal de vivir a cuenta de los de siempre.

Algunos como saben que no van repetir, lo quieren hacer todo muy rápido, ya los hay que en un solo mandato se hicieron un buen chalet en la zona de los nuevos ricos de A BAIÑA-BAIONA y eso es lo que se ve, pero lo más grave si cabe, es lo que no se ve.

Aunque llenemos las listas del INEM de parásitos, es deber ciudadano largarlos de las listas electorales.

¡¡LISTAS ABIERTAS XA, DOBLE VUELTA ELECTORAL, mientras tanto, VOTA EN BLANCO!!
¡¡ATREVETE CON EL VOTO NULO!!

CCCP dixo...

Un erro no boton fixo sair o termino anónimo no anterior comentario, o mesmo e de CCCP