luns, 24 de agosto de 2009

A POBREZA EN ESPAÑA

A actuación deste goberno ante a crise económica non deixa de ser unha paradoxa. En lugar de reactivar o consumo reducindo os impostos para que as rendas máis baixas, isto é a maioría dos consumidores, poidan darse un respiro e continuar a súa vida normal, é dicir a de currifichantes que o único ao que aspiran é a unha pequena parcela de tranquilidade económica, fan todo o contrario.
Claro, que poderiamos aducir, non sen razón, que neste caso parte dos impostos valerán para que moitos deixemos o pernicioso hábito de fumar, pero a outra parte é a que nos preocupa, a da non tan perniciosa necesidade de trasladarse ao traballo, en ocasións afastado á súa vivenda e sen medios de transporte público.
A verdade, crúa verdade, é que pouco lles importa que a maioría da poboación viva nun estado encuberto de pobreza, a pobreza de vivir para traballar, subsistir para poder ir cada día a incrementar o capital dalgúns afortunados, mentres fan números para chegar a fin de mes, endebedándose ata as cellas, de paga extra en paga extra e tiro por que lles toca, tócalles sangrarnos.
Moitos de nós manexamos números vermellos gran parte do mes, e só nos salva da quebra absoluta o feito de pornos ao día dúas veces ao ano cunhas pagas extras deseñadas en orixe para poder gozas dos escasos períodos de esparexemento que nos permite a maldita vida de curris que levamos.
A desesperante situación fai que os índices desa pobreza encuberta, isto é a que non se ve porque se desenvolve de portas dentro, disparáronse ata límites insospechables noutros tempos.
Máis de 3 millóns de fogares neste país viven baixo o limiar da pobreza, isto é, non poden afrontar os gastos mínimos para unha subsistencia decente.
O informe anual que elaborou a Comisión Europea sobre protección social e inclusión social, con datos de 2007 determina que España é o segundo país da UE cunha maior porcentaxe de poboación en risco de pobreza, o 20%. Unha cifra que tan só é superada por Letonia (21%). O noso país atópase ao mesmo nivel que Italia e Grecia. O estudo vai mais alá e revela que a situación de risco en persoas de idade avanzada é do 28% e nos nenos é do 24%.
Tamén afirma que a porcentaxe de traballadores pobres en España é superior ao da media da UE (o 11% fronte ao 8% en 2007).
O triste é que estes datos corresponden á época de relativa bonanza económica. O economista e experto laboral da División de Desenvolvemento Económico da Cepal, Jürgen Weller, estimou que para este ano haberá un crecemento nos índices de pobreza e indigencia por mor da crise económica, a cal implicará obviamente máis efectos no emprego.
Por isto mesmo, para este ano e o contexto da crise, dixo Weller, "é de temer que estas cifras vaian empeorando ao longo do ano".
En todo caso, o experto celebrou a xestión de América Latina respecto da crise, porque "está mellor preparado para unha situación desfavorable".
"América Latina beneficiouse moi fortemente do contexto favorable os últimos anos e aproveitou ben este período para acumular reservas, pór as finanzas públicas en orde", sostivo o economista" Unha vez máis nos demostran que as políticas de esquerda real desenvolvidas nos países que adoptaron o verdadeiro socialismo, lonxe de prexudicar a economía xeral, proxectan un esperanzador futuro para os próximos anos, ata tendo en conta a crise económica.
A Unión Europea considera pobres a todas «aquelas familias e persoas que se sitúan economicamente por baixo do limiar do 50 por cento da renda media dispoñible no conxunto do Estado». Segundo este criterio, a cifra de pobres en España rolda os 8,5 millóns de persoas (repito, datos do 2007). Cifra á que habería que engadir a dos chamados "ilegais".
Estas cifras sitúan a España como o SEGUNDO con máis pobres da UE, tan só superada por Grecia . A pesar diso, un recente informe da Unión Europea indica que España inviste a metade que Europa na loita contra a exclusión social.
Simplemente inaceptable, e nós como borregos imos ao matadoiro, perplexos pero sumisos. É incrible que non prenda a mecha da protesta xeneralizada, do total rexeitamento á falta de compromiso que para coa maioría das familias demostrou este incapaz goberno que, baixo as cortinas de fume das "axudas sociais", continúa mirando cara outro lado mentres España mórrese de fame.

¡ATA CANDO, ZAPATERO, ABUSARÁS DA NOSA PACIENCIA

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

Las clases sociales y la pobreza son determinantes sociales fundamentales que influyen en la aparición de muchas enfermedades y la presencia de desigualdades en salud. En los años noventa se produjo en España una notable oscilación en la desigualdad y la pobreza. Ésta aumentó a mediados de la década, cuando aparecieron nuevas formas de marginación y de exclusión, tasas elevadas de desempleo y notables dificultades de acceso al mercado laboral, muy especialmente entre los trabajadores con menos recursos. La sociedad actual sigue caracterizándose por su clara estratificación y la existencia de clases sociales donde predominan unas tasas elevadas de subempleo y precariedad laboral. Además, en España la pobreza sigue siendo un problema social endémico, claramente por encima de la media europea. La disminución de las desigualdades en salud y la mejora de la calidad de vida dependerán en gran medida de la reducción de los niveles de pobreza y la mejora en la equidad de oportunidades y la calidad en el empleo. El conocimiento de cómo la clase social y la pobreza afectan a la salud pública requiere mejorar la calidad de la información y la investigación, y que los responsables de la planificación o la toma de decisiones políticas tengan en cuenta estos determinantes en la realización de acciones preventivas y de promoción de la salud.