mércores, 5 de agosto de 2009

GALICIA É UN VERTEDOIRO POLA FALTA DE ÉTICA ARQUITECTÓNICA

Pedro de Llano asegura que a falta dunha "ética na natureza" está asasinando a "orde eterna" da paisaxe secular do noso país

Vinte anos despois da súa publicación, Edicións Xerais recupera Arquitectura popular en Galicia. Razón e construción, un dos traballos que hoxe aínda se considera a biblia sobre a cuestión e que para o seu autor, Pedro de Llano, significou o reencontro con Galicia despois de estudar na Universidade de Madrid, da que foi expedientado por activisnmo político. E se hai vinte anos, xa cría De Llano que a paisaxe rural galega estaba en proceso de desaparición, a situación hoxe parécelle aínda máis alarmante. "Estamos", asegura, "ante a morte dunha orde natural eterna, onde a arquitectura estaba perfectamente integrada na paisaxe natural. Ante esta violentación, como nunha cadea de atentados, estamos vendo como Galicia se vai convertendo nun vertedoiro de operacións cheas de ignorancia de todo tipo"-
Daquela arquitectura que estudara a primeiros dos anos setenta queda moi pouco: o campo galego perdeu desde entón medio millón de empregos no campo e na próxima década aínda se reducirá noutros setenta mil máis. "Abonda ver a degradada situación dos nosos montres para comprender que, cando chega un momento climatolóxico difícil, arde facilmente. Igual lle acontece á costa: foi destruída totalmente e en momentos difíciles, como nas pasadas chuvias, veñen as inundacións. A miña visión disto é moi pesimista. Se rompemos unha paisaxe que custou séculos contruír e non facemos nada por transformala, destrruímos un dos nosos maiores signos de identidade".
O problema principal, opina, reside na falta dunha visión ética da natureza. Na construción desa ética, Arquitectura popular en Galicia trata de facerlle ver á xente que ese tipo de construcións -"a arquitcetura sen arquitectos"- nos pode ensinar a facer a arquitectura do futuro. E ese futuro pasa por unha rigurosidade "onde o concepto sexa fundamental e a forma unha consecuencia dunhas necesidades. Unha arquitectura onde a ornamentación é innecesaria". Eses principios son os que rexen, ademais, a súa docencia: "Os meus alumnos deben entender que facer arquitectura é facer o escenario da vida para as próximas xeracións e non podemos facer frivolidades, senón unha arquitectura culta e rigorosa. Todo iso podémolo aprender no mundo dos canteiros e dos carpinteiros. Ao longo dos séculos, eles foron cosntruíndo unha paisaxe que desde hai cincuenta anos estamos empeñados en destruír".
"É malversación e mentira"
Arquitectura popular en Galicia xurdíu dun alicerce ideolóxico claro: o ben estaba no pobo e a verdade está na cultura que o pobo pode facer. O que máis lle horrorizaba a Pedro de Llano é que a súa obra se puidese tomar como un traballo que miraba cara ao pasado, porque a súa pretensión era atipar no pasado para dar un salto cara a adiante. Nada máis lonxe dos seus obxectivos que acirrar as liñas dunha arquitectura "neovernacular" -como el a denomina- senón, máis ben, un chamamento a aprender desa construción popular "o que arquitectura pode achegar nunha visión lóxica e seria, racional".
Daquela época de efervescencia asegura, con certa mágoa, que quedan moi poucas esperanzas de transformación no mundo. Séntese, en especial, moi desilusionado co Goberno do bipartito. "Todos estabamos intentando chegar a un cambio e entendiamos que ese cambio consistiría na achega de ideas ilusionantes, de ilusionar o país". Pero o único que observa son "administradores máis honestos dos que había antes, con capacidade de poñer máis orde, pero neste momento diría que carecen de ideas".
A destrución segue avanzando -asegura- e o que máis o enfurece -mesmo "sufro"- é ver un goberno "malversando o noso patrimonio económico para construír a Cidade da Cultura que, todo hai que dicilo, é unha moi mala arquitectura. Somos moitos os galegos que nos sentimos agredidos coa política que o noso goberno está a seguir". As obras do Monte Gaiás, ademais, "van deixar unha cultura escuálida, nunha situación horrenda, porque traga un terzo do presuposto total da área. Iso é realmente a concepión que pretendo combater coa miña defensa da arquitectura popular. Están mentindo continuamente e demostrando, día tras día, a súa infinita incultura.
Galicia-Hoxe

3 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

El feísmo en la arquitectura popular gallega se inicia en la etapa preindustrial, que lleva a un urbanismo de proporciones desmesuradas y desordenadas. Aparece una masa enorme en zonas urbanas y del rural, con cierto abandono de las autoridades o falta de cualquier control. En ellas los promotores pueden construir como le venga en gana.
Agresiones urbanísticas, obras costeras, vertidos contaminantes graves o continuados en el tiempo, planes de ordenación de recursos (de suelos y parques naturales, entre otros, con contenido agresivo sobre el medio), daños a los recursos costeros y marinos... En definitiva, actuaciones que significan «impactos irreversibles» sobre los ecosistemas

Anónimo dixo...

Uno de los más importantes Arquitectos gallegos, César Portela
Fernández-Jardón, para quien la arquitectura es la expresión material de cómo late un pueblo, una cultura, casi un diagnostico a través del tiempo, dejó dicho
del feísmo: Non estou moi de acordo con ese termo. Os edificios non son feos, senón malos. Hai xente que é fea, sen faccións perfectas, non é bonita, pero en
cambio e verdadeira, auténtica. Son edificios que son a expresión dunha sociedade desnortada, atrapada na especulación e o mal gusto.
No parece prudente añadir nada más.
LA IMPUNIDAD DE LOS CORRUPTOS:
El Diccionario de la R.A.E. define, el término Impunidad (del lat. impunĭtas, -ātis) como falta de castigo. Es por otra parte sabido que uno de los elementos que integran el concepto de delito contempla la punibilidad como la
ineludible consecuencia de la efectiva acreditación de la hipótesis típica.
Conducta penalmente reprochable y castigo constituyen la síntesis del Derecho Penal, y su exigencia la prueba concluyente de lo primero, y la proporcionalidad
del segundo.

claudioataturk dixo...

No es un problema de etica arquitectónica sino de incumplir la ley y que NADIE lo persiga. Fiscales,autoridades y sociedad en general, miran hacia otro lado y todos saben quien conculca la legalidad. Todos los que se aprovechan en beneficio propio lo hacen a costa del total de todos y eso a pocos importa.
Gaians y el urbanismo son paradigmas del pasotismo de nuestro pueblo. Se utiliza el narcótico de los medios para enmascarar y manipular la realidad y al final todos contentos y engañados por asunción masiva.
Sigo pensando que no es poco denunciar estas situaciones pero a veces desanima el ver lo poco rentables que son para la sociedad, incluso llegando a parecer el picante sin otra espectativa. Y eso no es cierto pues todos deseamos lo mejor para este pais nuestro.
Os invito a la lucha intelectual y a la denuncia razonada y concreta, llegando si es preciso a poner una espada de crítica en el culo de las autoridades para que asuman sus responsabilidades y sino a por la prevaricación por pasividad completa. Ya vereis como algo puede cambiar y no se sigue protegiendo al delincuente de camisa blanca y cazo oculto.
Saludos.
Ataturk.