xoves, 6 de agosto de 2009

SEGUE A CORRUPCIÓN EN PALMA DE MALLORCA

O portavoz do PP de Palma de Mallorca cae nunha operación anticorrupción

Polo menos oito detidos na 'operación Espada', que investiga a construción dun velódromo durante o Goberno de Matas que custou 90 millóns, o dobre do orzado

A Policía Nacional detivo onte asta polo menos a oito persoas no marco dunha operación xudicial que investiga supostos delitos de malversación de caudais públicos, falsidade e suborno relacionados coa construción do velódromo Palma Arena, en Palma de Mallorca, obra impulsada e inaugurada polo ex presidente do Goberno balear, o popular Jaume Matas (2003-2007).
Entre os detidos na operación Espada atópase o actual portavoz do Partido Popular no concello de Palma de Mallorca, Rafael Durán, que foi concelleiro de Deportes durante a construción do velódromo Palma Arena e, polo tanto, un dos máximos responsables do consorcio responsable da súa execución.
Ademais, a Policía detivo a Miguel R., director da axencia Nimbus Comunicación, responsable da campaña electoral do PP balear nas últimas eleccións autonómicas que terminaron co Goberno de Matas. Un dos acionistas desta empresa é Javier Mato, xefe de prensa con Matas no goberno balear e posteriormente no Ministerio de Medio Ambiente. Tamén foi detido Jorge M., director xerente do consorcio Palma Arena e ex xefe de prensa da consellería de Interior do Goberno de Matas e dun área do Concello de Palma.
Outra das persoas que está sendo investigada é o ex director xeneral de Deportes do Goberno de Matas e medallista olímpico en Atlanta 96, José Luís Ballester (Pepote), que conseguiu xunto a Fernando León un ouro en vela, na categoría Tornado.
Os arrestos producíronse no marco dunha serie de rexistros que a policía xudicial está levando a cabo desde onte no propio Palma Arena, onde a Fiscalía Anticorrupción atopou algunhas presuntas irregularidades. Segundo denunciou o PSOE ao recuperar o goberno rexional, a obra custou máis de 90 millóns de euros cando o anterior Executivo autonómico adxudicouno por un pouco máis da metade, 47 millóns de euros.
Ademais, a Policía rexistrou as dependencias do propio velódromo, así como outros edificios da capital palmesana e outras cidades da illa.
Xa en 2007 o actual presidente do Goberno balear, Francesc Antich, cualificou de "herdanza difícil de asumir" a obra e asegurou que o 90% dos gastos extra efectuados non estaban amparados no expediente oficial xa que se realizaron "sen licitar" (é dicir, sen expediente de contratación administrativa).
En febreiro deste ano, policías especializados en delitos informáticos efectuaron unha copia e baleirado parcial do disco histórico do servidor de correo electrónico de cando Matas era presidente. Os axentes trataban de rastrexar o tráfico de correos desde polo menos unha dirección xeral da contorna de Matas, dentro da investigación sobre posibles delitos de prevaricación, suborno e malversación no proceso de construción do velódromo.
Matas organizou un consorcio para a construción do velódromo, unha entidade integrada polos máximos cargos do Goberno balear, o Concello de Palma e o Consell de Mallorca (baixo control do PP) e de xeito simultáneo operouse desde unha fundación con xestores e políticos da súa confianza. O equipo de arquitectos que, por decisión de Matas, culminou a obra percibiu 8,9 millóns de euros. Á vez levantaron a nova sede do PP de Palma.
EL PAIS

O PP defende a inocencia de tres dos cinco detidos...

O proxecto estrela de Matas, unha chapuza...

O cerebro urbanístico de Matas, condenado por terceira vez...

Entre os detidos, figura Pepote Ballester, medallista olímpico...

Detidos por malversación de fondos públicos...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Pregunto, ¿Porqué no se investiga a TODOS los departamentos de urbanísmo?. Se dice que cuando se levante la tapa van a faltar cárceles para todos los corruptos (ojo, no separo por partidos políticos). Si esto realmente es así, quiero y exijo que todo culpable pague su delito y que pida perdón a la sociedad.

Anónimo dixo...

!!LA PODEDUMBRE DEL PP¡¡

La verdad es que en este pais se fomenta el hecho de que robar y ser corrupto sale rentable,sobre todo como no en cargos politicos,judiciales,policiales..etc.Tambien no debemos olvidar el robo a mano armada que sufren los trabajadores por parte de los empresarios corruptos..que llegan a ser el 90%,nóminas en blanco,sin vacaciones,ni finiquito,sin dietas etc..y es lo que hay si quieres trabajar o te doblegas o te buscas la vida como sea.Y hay MUCHO MAS de lo que se ve..a si que los ciudadanos se resignan sin poder hacer casi nada..
SRS. DEL PP, SIGAN ROBANDO, EL PUEBLO SE LO AGRADECERÁ...

DEMOCRACIA dixo...

Los numerosos casos de corrupción en España arraigan tanto en una aristocracia política de origen franquista, como en las estructuras psicológicas que generó aquel sistema para naturalizar el abuso.
El Partido Popular aglutina en sus filas a los políticos más corruptos del Reino de su Majestad. Eso, aunque no lo demuestren los jueces, lo sabemos todos. Realmente, más que como partido, debería definirse formalmente como: grupo mafioso, o mafiocracia, al que acceden los niños pijos de un linaje especial de españoles selectos con vistas a ejercer un poder sobre el resto del país y, de paso, enriquecerse. Intento elaborar un artículo sobre la corrupción urbanística y política en España -decir urbanístico, corrupción y política en este país es decir lo mismo-, el mayor feudo del PP en España, y he tenido que dividir los casos en varios artículos especiales (robo de agua, urbanismo...) porque uno sólo con todos los casos actualmente investigados sería demasiado largo. Aburriría. Y esto teniendo en cuesta que se trata de una información a la que cualquiera puede acceder a través de Internet. A estos habrá que añadir los casos que ni se conocen, ni se conocerán jamás.