martes, 11 de agosto de 2009

O CONCELLO DE VIGO E O URBANISMO

APROIN INFORMA:

Aínda que ben é certo que a inactividade no Concello de Vigo, polo menos en canto á concesión de licenzas para vivenda colectiva con arranxo ao vixente PXOM, é absoluta, pois aínda non se concedeu ningunha, algo se ocorreu neste período de tempo que imos apuntar: a aprobación definitiva do PXOM, algo que noutras circunstancias sería asunto de portada e de gran satisfacción para todos, actualmente non vai moito máis alá de ser unha anécdota da que nos congratulamos, pero da que, tal e como quedou o PXOM de Vigo, ata agora aprobado de forma parcial, non se esperan grandes consecuencias.
Con data 13 de xullo (entrada no Concello o 15 de xullo), o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou a orde seguinte: "Orde de 13 de xullo de 2009, sobre aprobación definitiva do documento de cumprimento da orde da CPTOPT de 16 de maio de 2008, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo (Pontevedra)".
Convén sinalar que o documento coas correccións solicitadas remíteo o Concello á Consellería con data 14 de abril de 2009, xusto fai agora tres meses (tempo en que resolve a Xunta) e case un ano despois de que a Consellería solicitáselle as reformas (tempo que tarda o Concello en corrixir as deficiencias).
Recordemos que as áreas a modificar eran as que figuran na seguinte táboa.

APR-A-3-21 Alfageme, AOP-01 Privada Moderna, AOP-09 San Gregorio, AOP-10 Castro Castriño, AOP-11 Tomás A. Alonso 91-111, AOP-14 Coruxo Costa, AOP-21 Cordelerías Mar, AOP-23 Romil, NR-01 Fragoselo (Coruxo), NR-02 Chans (Bembrive), NR-03 San Cibrao (Bembrive), NR-04 Miraflores (Bembrive), NR-05 Xestoso (Bembrive), NR-07 Cidans (Zamans), NR-08 Igrexa (Zamans), NR-09 Marcosende (Zamans), NR-10 Vilariño (Zamans), NR-11 Vilaverde (Zamans).
* Variante do trazado do tramo Porriño-Vigo con todas as modificacións, en solo, que iso comporta.

A parte do indicado, as modificacións afectaban tamén a gran parte dos documentos do Plan e as súas consecuencias no resto do mesmo.
En resumidas contas, a parte do Plan agora aprobado xa supón aproximadamente un 15% da capacidade edificatoria do PXOM (nada que ver con esa cifra demagóxica do 1%, acuñada polo responsable desta caricatura en que quedou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo).
Só quédalle agora ao Concello publicar a Orde no Boletín Oficial da Provincia, cousa que aínda non fixo, para facer efectiva a aprobación, pois a orde da Xunta ao Diario Oficial de Galicia xa está dada e o Plan será efectivo a partir da segunda das publicacións. Feito iso deberá publicarse de novo o Plan para coñecemento e uso de todos os cidadáns. En definitiva, á volta de vacacións se son diligentes, os vigueses poderemos coñecer definitivamente o PXOM de Vigo na súa totalidade. Esperemos.
O devandito, desde o 13 de xullo de 2009, nove anos logo de iniciarse as actuacións, Vigo ten xa PXOM, aínda que non sirva practicamente para nada e haxa que volver confeccionalo axiña que cambie a Corporación. Outra década perdida.

1 comentario:

DOREMA dixo...

La única verdad es que el ciudadano, cada día lo tiene más difícil el fiarse de los Promotores Inmobiliarios y de APROIN. La deteriorización de la credibilidad en los profesionales de la vivienda (Miguel Font), radica en el partidismo voluntario, que mira más a la caja, y no en la ética profesional. El Promotor que quizás pueda tener continuidad será el valiente, el que delate claramente a los violadores de la ética profesional, rebatiendo sus argumentos falsarios y descubriendo sus mentiras manipuladoras. El tópico de que el pueblo es tonto y se le puede manipular, con mentiras coordinadas en varios panfletos propagandísticos de APROIN, no corresponde a la realidad. El español hoy, sabe perfectamente distinguir, entre los afines a los defensores de los corruptos y de los clanes mafiosos, que se esconden en un partido político, y los que tratan de respetar el honor de la profesión, reclamando levemente una mesura, que de tan leve apenas es perceptible, lo que no deja de ser bienvenido y agradecido por lo españoles que defendemos el rigor profesional y la honradez.
El Mundo , es en realidad un Órgano publicitario del PP, como APROIN, ABC,La Razón, Faro de Vigo, La Voz, entre otros, lo son de la derecha y de la iglesia, no es justo que se amparen en el derecho de la libertad de expresión, cuando lo que hacen es engañar a los ciudadanos, manipulando los datos, como es el caso del PXOM DE VIGO y defendiendo las injusticias que cometen sus defendidos e incluso justificándolas con montaje de palabras intencionadas ya que algunos de ellos, les desorientan tanto que aborrecen a los políticos y la política lo que es un peligro enorme para el equilibrio democrático en nuestro país.
Todos sabemos cual es el resultado final de la corupción inmobiliaria, APROIN capitanea este resultado y luchará para que cambien el PXOM de Vigo a su antojo y poder seguir lucrándose a cuenta de los ciudadanos.
¡¡APROIN=AL PP=CORRUPCIÓN!!