mércores, 12 de agosto de 2009

A IMPUNIDADE DOS POLÍTICOS

Jose Luis Baltar (Deputación Ourense) invita a cear a 700 ourensáns a cargo dun instituto económico público.

Polbo e carne ó caldeiro "gratis e en abundancia". Así definen os asistentes á cea ofrecida o pasado 28 de xullo pola Deputación de Ourense no Instituto do Campo da Limia o agasallo do presidente do presidente do PP e da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, para máis de 700 persoas. Para a ocasión levantáronse varias carpas e un bo número de "diligentes camareiros" ocupouse de que aos comensais non lles faltase de nada.
A Deputación realizou a convocatoria a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, dependente da mesma institución) aproveitando a presenza en Ourense de varios representantes polacos, romaneses e húngaros cos que o instituto colabora na experiencia de desenvolvemento dunha semente de pataca máis resistente que a limiana.
Pero no menú non houbo patacas (a comitiva visitante non mostrou a súa e a da Limia non está aínda colleitada) e si discursos do presidente provincial do PP e da Deputación; do alcalde de Xinzo, Isaac Vila; da alcaldesa de Sandiás, Concepción Méndez; do presidente do Inorde e alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto e do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, todos do PP.
Os políticos locais falaron un tras outro, "en calidade de anfitrións", para agradecerlles aos asistentes a súa presenza. Antes fixérono tres técnicos das delegacións visitantes para informar do cultivo de pataca. "Nada que non soubésemos", din os agricultores que asistiron. O BNG sostén que a xornada "non era técnica", senón unha "cea-mitin" de portas abertas co pretexto de promocionar o Instituto do Campo, dependente da Deputación. "Un gasto exacerbado de diñeiro sen outra xustificación que a meramente electoralista", puntualiza o portavoz nacionalista na corporación provincial, Xosé Manuel Fírvida. Na súa opinión o acto foi "unha mostra máis da dobre moral do PP que por unha banda se enche a boca coa política de austeridade, pero dilapida sumas importantes en operacións de voto cativo" co formato "que mellor domina o PP: o da paparota"·

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Non se trata de un tema "Político":
¡Qué asco de País! Esto é unha perda de valores por controlar o poder.
Falamos de un pequeno núcleo rural en que se coñece todo o mundo.
¿Cómo se pode montar semellante Telenovela a este nivel.
Cidadáns de Calvos de Randín,sodes adultos e coñecedes os vosos candidatos, eles non son culpables de todo esto, sodes vos,que lle dades a capacidade de facer todo esto cos vosos votos.
Polo tanto, tomade nota para próxima vez,vos lles destes o poder.
A RESPONSABILIDADE É VOSA.
¡¡CACIQUES FORA!!

DEMOCRACIA dixo...

Rajoy es un pobre hombre, sin vergüenza y sin sentido común, eso sí, porque si tuviera un poco de las dos cosas, actuaría como se debe y no como lo está haciendo. Lo pagará, porque a los estúpidos cobardes, les dan una patada en el trasero sus propios compinches.
¡Está claro!. El capitalismo defiende su acumulación de "riqueza". No le podemos pedir que sea solidario; en su vocabulario no existe esta palabra. A los trabajadores y trabajadoras solo nos queda la unidad en la defensa de nuestros intereses y al gobierno, que se autodenomina de izquierdas, hay que exigirle que intervenga pronto y ¡ya!, en caso contrario debemos tomar la única "arma" que nos queda: LA HUELGA GENERAL.

UN GALEGO dixo...

¿Que pensarán os nosos fillos de todo este lixo? ¿Como lle digo eu ao meu fillo que non manipule as súas notas? ¿Como lle digo que os xustificantes de asistencia fágoos eu, non el? ¿Como lle pido que sexa un home de ben? Como o fago, se cada día, el ve aos dirixentes do PP xustificar o inxustificable, mentir, esconderse, acusar a outro. . . ¿A quen se pode pedir responsabilidades polo dano que os dirixentes do P están facendo aos nosos mozos?
Rajoy, é un galego redomado, e que non se ofendan os galegos. O, non ten decisión propia, vai ao son que mellor toque. Se agora Pedro J. dille branco, o vai e di branco. e así con todo. Só pensar que unha persoa tan indecisa e tan falsa pode chegar a gobernar neste país, ponme os pelos de punta. Un home que tiña que estar facendo oposición, pero unha oposición intelixente, non sacando trapos sucios inventados por Trillo (miúdo exemplar) ou por calquera outro. Pensan que os españois somos bobos ou que nos chupamos o dedo. Algunhas veces creo que estan no programa de Ana Rosa e Belén Esteban, verdadeiramente é unha pena.