sábado, 8 de agosto de 2009

PERIGOSO PRECEDENTE

O tribunal constata que Camps recibiu agasallos da trama corrupta, pero sostén que non é delito

A Sala do Penal do Tribunal Superior de Valencia, por dous votos a un, decidiu onte arquivar a causa que se seguía contra o presidente desa comunidade, Francisco Camps, e outros tres cargos públicos do PP imputados por un posible delito de suborno. A resolución, que a fiscalía recorrerá ante o Supremo, avala unha doutrina sorprendente, se non escandalosa: que as autoridades poden aceptar agasallos valorados en miles de euros (traxes, reloxos, pulseiras, bolsos) por parte de empresas que contratan coas administracións onde gobernan eses políticos, a condición de que os beneficiados non participen nos distintos procesos de adxudicación. Neste caso, cun agravante: os autores dos agasallos están sendo investigados por corrupción.
O artigo 426 do Código Penal sanciona a aceptación por autoridade ou funcionario de agasallos ofrecidos "en consideración á súa función ou para a consecución dun acto non prohibido". O ben que se trata de protexer é o principio de imparcialidade de gobernantes e funcionarios, e a conduta sancionada é o feito de "admitir" a dádiva, aínda que non se solicitou. O que se trata de evitar é que esa aceptación condicione decisións públicas. Resulta sorprendente que se considere que o precepto só se aplica ao funcionario ou político que directamente participa na adxudicación, e non aos seus xefes. Especialmente cando o que se consideran son decenas de contratos da Administración valenciana a unha mesma empresa.
O portavoz do PP no Senado, Pío García Escudero, declarou que recibiu un reloxo de alto valor da trama, e que o devolveu de inmediato. Algo que puideron facer pero non fixeron os imputados de Valencia. Limitáronse a negar que recibisen os agasallos, ou, no caso de Camps, a dicir que os pagaron (os famosos traxes) do seu peto. Pero a instrución constatou e o auto de onte dá por establecido que non hai proba de tales pagos e si, en cambio, de que os pagou o cabeza da trama en Valencia, Álvaro Pérez, O Bigotes. Os contratos conseguidos pola rede de Correa e O Bigotes coa Administración rexional coincidiron co período no que fixeron decenas de agasallos a dirixentes políticos valencianos. E a maioría deses contratos conseguíronos sen concurso; nalgúns casos, tras trocearlos para que cada adxudicación non superase o límite (12.000 euros) que permite facelo a dedo. Isto figura no sumario e non é cuestionado polo auto.
Nesas condicións, Mariano Rajoy debería reservar para mellor ocasión a súa euforia de onte: "gañou a xustiza, o sentido común e os vendedores de tila", dixo. A non ser que o líder do PP considere digno de euforia que o vestiario dun dos seus presidentes autonómicos estea financiado polos xefe dunha presunta trama de corrupción, que a palabra dese mesmo presidente ante os cidadáns e a xustiza quede desautorizada (o auto constata que os argumentos de Camps sobre o pago dos traxes non se sosteñen) e que a Administración que dirixe ese mesmo líder rexional recorra a prácticas máis que dubidosas para beneficiar a unhas determinadas empresas.
Rajoy tamén acusou a quen denunciaron as supostas corruptelas, en relación ao Pais, de ser "a Inquisición". Con todo, a denuncia partiu dun ex concelleiro do PP e catro dos seis xuíces que estudaron o asunto acharon suficientes indicios de suborno por parte dos dirixentes imputados. Pero onte, os dous que constituían maioría na sala (un deles, algo máis que un amigo de Camps, segundo as palabras do propio presidente autonómico) opinaron doutro xeito. O terceiro, a través dun voto particular, cre que podería haber delito. O Supremo ten agora a última palabra.

3 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

Junto a la satisfacción del PP, la decisión de los tres jueces valencianos deja tras de sí un reguero de desconfianzas que probablemente se transforme en recursos, sobre todo contra el propio presidente De la Rúa, cuya "amistad íntima" con Camps lo descalificaba desde el primer momento para enjuiciar el asunto. El propio tribunal que ahora ha sentenciado el caso con su sobreseimiento tras atender el recurso de los imputados, que pidieron el sobreseimiento de la causa alegando no haber recibido trajes como regalo de empresas de Francisco Correa, ni haber incurrido en irregularidades en la adjudicaciones a la empresa Orange Market, sin embargo, la resolución de la sala, indica que "no cabe descartar de forma absoluta otras versiones", es decir, que no excluye que pudiese ser cierta la versión de los imputados, dadas las contradicciones de testigos y de las irregularidades de la prueba documental.

Anónimo dixo...

Toda esta historia la está montando el PP porque quiere saber a quien sigue investigando la justicia. Son tantos imputados y otros tantos que están siendo investigados que tienen un canguelo que no pueden aguantar. Evidentemente las investigaciones son con permiso del juez pero no van a decirle a los sospechosos que les están haciendo escuchas. Si hay miedo por algo será.

ADM dixo...

A TODO CERDO LE LLEGA SU SAN MARTÍN, EL TENER UN JUEZ AMIGUIIIIISIMO SOLO APLAZARÁ LO INEVITABLE. RENDIR CUENTAS AL PUEBLO. Y PAGAR POR LOS DESMANES, AUNQUE SEAN DE LOS QUE PRETENDEN TENER DERECHO DE PERNADA O PIEL DE CORSO.