domingo, 23 de agosto de 2009

LIBERALIZACIÓN DO SOLO QUE PROXECTA A XUNTA

Censuran que a Xunta "use a Fegamp" como pretexto para modificar a normativa

A modificación da Lei do Solo de Galicia que proxecta a Xunta significa unha "liberalización" do territorio e abre a man "á urbanización de zonas" nas que, ata agora, non se podía edificar. Así mesmo, censurou que o Goberno autonómico utilice como "pretexto" á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para levar a cabo este cambio, posto que "incumpre" as peticións dos concellos.
En rolda de prensa, o representante da Fegamp e vicepresidente deste órgano, Francisco García, e o concelleiro pontevedrés e membro César Mosquera avisaron de que o borrador que fixo chegar a Xunta á federación de municipios "suprime os límites obrigatorios" para urbanizar zonas que ata agora estaban protexidas pola actual Lei do Solo.
A este respecto, consideraron que se trata dun "retroceso grave" e unha "ruptura dos acordos mínimos" establecidos coa lei de 2004, que -recordaron- é a normativa que aprobou o último goberno de Manuel Fraga cando o actual xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, ostentaba o cargo de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Francisco García constatou que o borrador "non recolle a maior autonomía local" que a Xunta "quere vender" e apuntou que ofrece "inseguridade xurídica". Do mesmo modo, incidiu en que a normativa de 2004 "pretendía poñer freo" á dispersión poboacional e á especulación, algo no que, agora, Feijóo "dá marcha" atrás". "É unha política de bandazos", culpou.
Pola súa banda, César Mosquera apelou á que denominou "normativa de Feijóo" para recordar que esta pretendía "inverter unha situación" urbanística, "recollendo o clamor popular", para rematar as especulacións, de forma que reprobou a modificación que formula o Goberno autonómico.
"Proliferar como fungos"
Así, fixouse no artigo 6 e alertou de que "deixa á libre interpretación" a consideración dun terreo protexido. "Desparece o criterio de menos edificabilidade e de maior protección", sentenciou o concelleiro pontevedrés, quen fixo fincapé na desaparición da definición de solo urbano, algo que estaba "consolidado".
Deste modo, interpretou que as urbanizacións nas zonas rurais "van proliferar como fungos", xa que nestes terreos os promotores non contan coa obriga de dotar dos mesmos servizos que nas urbanas, e concluíu que "dá a sensación de que hai moitas modificacións que responden a problemas particulares". "Modifican para algo que non permitía a lei", acusou.
Por todo, se trasladou as "reservas" ao texto que formula a Xunta no seo da Federación de Municipios e Provincias, posto que cualifica o borrador de "claramente negativo para Galicia" e que suporá "graves consecuencias para o territorio".
Normas do Hábitat
Noutra orde de cousas, preguntado por que a Xunta manteña criterios das Normas do Hábitat --promovidas polo bipartito--, Francisco García subliñou que "é unha boa noticia" que se recoñezan estas "conquistas sociais" (como un mínimo de 40 metros cadrados para os pisos), que supoñen unhas "garantías" para os cidadáns.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que esperaban, con Hernandez de conselleiro e Bone en vivenda os beneficiados son os amigos do ladrillo...
¡¡¡LA CORRUPCIÓN CONTINÚA!!!