sábado, 5 de setembro de 2009

INVESTIGAR E CASTIGAR A CORRUPCIÓN

¿Non é certo que o Estado debe perseguir aos delincuentes? ¿É que a xustiza non debe aclarar se un cidadán, sexa político ou sexa do montón, acusado dun delito é ou non culpable e, de selo, sancionalo como a legalidade manda? Cando ocorre que aparecen numerosos personaxes políticos do mesmo partido en numerosos asuntos sospeitosos de corrupción política, o terrible sería que o Estado renunciase a investigar e perseguir a eses políticos acusados de corrupción porque moitos son do mesmo partido.
Isto é o que parece argumentar o PP, perséguese ao PP porque hai moitos políticos do PP imputados. Querer confundir acusación e persecución xudicial por un asunto de corrupción, con persecución política, un delito contra a liberdade de opinión, é un exercicio de cinismo e hipocrisía.
É inaceptable que podamos escoitar aos principais responsables do PP dicir que se lles está sometendo a unha persecución política cando o que se está facendo é defender o Estado e as institucións de políticos corruptos.
Como cidadán do montón, felicito a todas as institucións do Estado por perseguir a estes políticos corruptos. Se o PP non o entende así e o resto dos partidos políticos non alzan demasiado a voz (quizais por medo propio), polo menos os cidadáns debemos levantar a voz e dicir que queremos que se lles investigue, que queremos que se lles persiga e que queremos que se lles castigue ata que desapareza o último corrupto.
FEDERICO GODED RAMBAUD

1 comentario:

Anónimo dixo...

AL PRESIDENTE DEL GOBIERNO:

Sr. Zapatero, usted no puede permitir que la corrupción de la vida pública española llegue a las cotas que vive un país como Italia. Su partido, el PSOE, perdió las elecciones hace unos años, por la corrupción. Algunos políticos de su partido todavía están en la cárcel. Usted debe dar señales inequívocas al país de su máxima intransigencia con la corrupción. No hay menor corrupción porque esta "se tape mejor" o no salga a la luz pública. La corrupción es una percepción ciudadana que vas más allá de una intuición.