domingo, 27 de setembro de 2009

PECADO MORTAL

Volveu a pasar. Contan Joan Herrera e Gaspar Llamazares que tiñan case pechado un acordo co PSOE para aprobar no Pleno unha iniciativa contra a fraude fiscal e, máis concretamente, para mellorar a inspección das Sicav, as sociedades que utilizan as grandes fortunas para tributar menos que as rendas de traballo. Tras intensas negociacións, atopouse unha fórmula que aseguraba a coordinación entre a CNMV e Facenda para inspeccionalas, despois de que o Goberno de Zapatero quitase esta competencia á Axencia Tributaria na anterior lexislatura. Herrera, autor da iniciativa, aceptou esa fórmula para pechar o pacto.
Con todo, a última hora Economía vetou o acordo, cando case ía iniciarse a votación. "Para economía era pecado mortal", oíu dicir a José Antonio Alonso un dos portavoces da esquerda.
Ou sexa, o contrario ao de combater aos poderosos que dixo Zapatero no Comité Federal do pasado sábado. A retórica de esquerdas durou ata hoxe e non traspasou as portas do Congreso.
A anécdota demostra que haberá dificultades para que haxa pactos sobre impostos entre o PSOE e a esquerda. Todo parece indicar que PNV, CC e UPN acudirán ao rescate.
O Grupo Socialista resta importancia e asegura que farán xestos con Llamazares e Herrera sobre fraude fiscal e tributación das grandes fortunas.
(O cúmulo de ausencias por enfermidade nas filas do PP fixo que o Congreso derrotase unha moción do principal partido da oposición sobre redución de ministerios. Como asegura Eduardo Madina: "recuperamos os ministerios que nos querían quitar", recordando a moción do PNV que se aprobou fai meses sobre redución de dous ministerios sen especificar).
Fernándo Garea

1 comentario:

Anónimo dixo...

Carallo pra os de VB
comentariosCerrar esta ventana Ir al formulario de comentarios
Lalo (de día) dijo...
...Por qué haberás reparado nesa baladí custión?
Seguro que cho aclarará algunha popular canción.

Porqués haberá arrepiantes que a un a p...lle encolla.
Que ti repararas niso, poidera ser a caida da folla.

24/9/09 11:04


Anónimo dijo...
Isto non é nada comparado con suicidio do BNG, memtras teñan o SANTI de Tenente van ao fondo. Teñen que volalo, e dicir "XENTE COMPETENTE XA".

25/9/09 23:14


Lalo (ao medio día) dijo...
"Teñen que volalo" ????? ¿? Carallo, qué radical!!!!!...Pensei que só era resentimento. Abondaría con deixalo fòra da lista, hom!

26/9/09 14:23


Noguerol dijo...
Bueno, bueno, fora da lista e que devolva as arcas do concello todo o que despilfarrou. non sí?

Ademais agora ata podía facer compañia o seu padriño político na Cope de locutar en nónima.

Que todo sea por la "obra" de la que nunca se aparto del todo, de ahi tanta subención pra santiago de Vigo e seu entorno da G.M.

28/9/09 00:18