sábado, 26 de setembro de 2009

O TERCEIRO VERÁN MÁIS CALIDO DESDE 1970

«Non podemos dicir se España xa está sufrindo os efectos do cambio climático, pero non hai discusión en que desde os anos 80 estase elevando a temperatura media e en que os veráns máis calorosos tiveron lugar nos últimos dez ou quince anos». Así de rotundo mostrouse Anxo Rivera, portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía, para quen aínda que esta situación «non confirma o cambio climático, tampouco se opón aos modelos» de quentamento realizados polos científicos.
E é que o verán que terminóu -ás 23.19 horas do pasado martes xa comeza o outono- volve empolicarse ao alto do ranking dos máis calorosos, en concreto, o terceiro desde 1970, sendo só superado en temperatura media polo verán de 2003 e, moi lixeiramente, polo verán de 2005. A anomalía térmica media para o conxunto do territorio español foi de 1,8 graos, o que lle confire un carácter extremadamente cálido, coa única excepción de Galicia, onde dependendo das zonas foi un verán normal ou ata algo máis fresco, e Asturias, onde as temperaturas movéronse entre os valores normais para a estación.
A anomalía térmica máis acusada, de entre 2 e 3 graos, rexistrouse en Navarra, Aragón, Cataluña, Madrid, Castela-A Mancha e a área do baixo Guadalquivir (Sevilla viviu o seu verán máis cálido desde 1970). A temperatura máis elevada do verán rexistrouse nos observatorios de Murcia e Murcia-Alcantarilla, que alcanzaron os 45 graos o 23 de xullo.
Este último trimestre caracterizouse tamén polas escasas choivas, un 30 por cento por baixo dos valores normais, o que lle sitúa como o terceiro verán máis seco do século XXI, por detrás dos do 2001 e 2005.
Un outono como o de 2008
En canto ao outono que xa comeza nada fai presaxiar por agora que sexa moi diferente ao do ano pasado, xa que logo, será máis cálido do normal, especialmente nas rexións mediterráneas, con temperaturas que poderían superar entre 1 e 1,5 graos os valores medios desta época do ano. Non se esperan temporais atlánticos, senón máis ben entradas frías do Norte, nin choivas importantes, salvo en Baleares, onde si podería ser un outono máis húmido do normal. A estación verase afectada por «O Neno», que se prolongará ata marzo ou abril de 2010 e, provocará «fenómenos contrarios».

Ningún comentario: