domingo, 25 de outubro de 2009

DÍAZ FERRÁN PODERÍA SER INHABILITADO

Economía investiga a solvencia da aseguradora Mercurio do líder da patronal

A Gerardo Díaz Ferrán crécenlle os ananos. Se o líder da CEOE xa tiña serias dificultades para manter á flote as súas empresas e está á espera de saber se será xulgado pola Audiencia Nacional por desviar diñeiro público proveniente dos gobernos de Aznar, agora será tamén investigado polo Ministerio de Interior por posibles irregularidades nunha das súas empresas, a aseguradora Mercurio, especializada en xestionar seguros de autobuses.
Sen fondos para atender aos seus clientes
Segundo informa Público, o xefe dos empresarios podería quedar inhabilitado para traballar no sector dos seguros durante os próximos dez anos se se comproba que Seguros Mercurio carece de fondos suficientes para facer fronte aos posibles sinistros que poderían sufrir os seus clientes. O regulador do sector seguros, dependente de Economía, solicitou a investigación da sociedade e abriu un acta de infracción á entidade, á que acusa desa falta de cobertura.
Reincidente
Segundo a investigación, Mercurio podería necesitar algo máis de nove millóns de euros para lograr os fondos que lle require o regulador. Non é a primeira vez que a entidade incorre nunha infracción: xa en 2004 a Dirección Xeral de Seguros impúxolle medidas de control específicas polo mesmo motivo: non ter a cobertura suficiente para facer fronte aos imprevistos dos seus asegurados.
Podería quedar inhabilitado
Se o regulador chega a sancionar á empresa, isto podería supor a inhabilitación dos seus administradores para exercer cargos durante dez anos en calquera outra empresa do sector, é dicir, o presidente da patronal podería estar incapacitado para exercer como empresario nun sector económico.
Sen comprador
Seguros Mercurio, que se encarga principalmente de asegurar os vehículos do Grupo Marsans, tamén propiedade de Díaz Ferrán, dá emprego a un centenar de traballadores, pero leva meses co cartel de "véndese" sen atopar comprador. Economía podería estar investigando tamén os negocios inmobiliarios da aseguradora, que estivo actuando como arrendadora e arrendataria de varios locais para Viaxes Marsans, entre outros.
Doazóns a Fundescam
A polémica empresa foi ademais a elixida polo xefe da patronal para facer doazóns a Fundescam, a organización dependente do PP de Madrid que custeou parte das campañas electorais de Esperanza Aguirre. Mercurio pagou un total de 246.000 euros a Fundescam en 2003 en tres pagos en concepto de doazóns. Naquel momento, Díaz Ferrán era presidente da patronal madrileña.
El Plural

1 comentario:

Anónimo dixo...

Es increíble que este señor esté al frente de la interlocución social en España. A este país solo le falta que personajes como estos que dieron dinero a la campaña electoral del PP, que no son un ejemplo de patronal responsable y honesta sea quien deba decidir por el futuro del mercado laboral español. Sin duda alguna las decisiones que ha tomado y tomará estarán siempre realacionadas con la grave situación por la que pasan sus empresas y es evidente que intentará a toda costa barrer para su casa. ¿no podemos hacer nada? este señor no está elegido de forma democrática como los sindicatos. Creo que es el momento de poner en duda que la interlocución patronal está seriamente dañada por intereses personales.