venres, 4 de decembro de 2009

DEMOCRACIA? COA PICARAÑA NON SOMOS TODOS IGUAIS

Derriba dos chalés da Guarda declarados ilegais

Os veciños trataron de impedir a derriba e conseguiron ata unha moratoria dun día da xuíza que leva o caso pero finalmente o organismo dependente da Xunta decidiu que a demolición debía realizarse hoxe porque xa estaba todo o dispositivo e a maquinaria preparada. Varios veciños trataron de impedir a derriba pola forza pero finalmente desistiron e asumiron que era inveitable. Os operarios axudaron ao propietario do único chalé habitado, Xeneroso Ameal, a sacar as últimas cousas que quedaban no seu interior e iniciaron a derriba da casa, unha das tres vivendas cuxo derriba estaba previsto hoxe.
Vinte familias pagarán coas súas casas un erro da Administración e aínda que xa anunciaron que loitarán nos xulgados por conseguir indemnizacións, a causa non vai ser sinxela xa que Xunta e Concello cúlpanse mutuamente por permitir a construción desta urbanización.

Y en Vigo hai máis de 2.000 vivendas pendentes de derriba

A cidade de Vigo ten pendente desde fai anos a derriba de 2.000 pisos que foron ilegalizados polos tribunais. A picaraña ameaza seiscentos pisos da rúa Rosalía de Castro, uns apartoteles fronte á praia de Samil, o centro comercial Gran Vía, uns chalés de Canido, dous grandes inmobles en Jacinto Benavente e A Pastora, as torres Ifer, e o edificio O Piricoto, construído na cima do parque de Castrelos.
O Concello probou a legalizar as construcións afectadas cando redactou o novo Plan Xeral de Urbanismo. Ademais, os avogados municipais presentaron nos últimos anos recursos na Xustiza para frear as ordes de demolición ditadas polo Tribunal Supremo ou o Superior de Galicia. A execución dilátase no tempo porque hai miles de veciños que tamén recorren estes fallos condenatorios.

Ningún comentario: