xoves, 3 de decembro de 2009

IMPUTADOS 4 TÉCNICOS DO CONCELLO DE VIGO POR PRESUNTO DELITO URBANÍSTICO

Un inspector, unha arquitecta e outras dúas funcionarias arquivaron as denuncias dunha obra en solo protexido

Catro técnicos do Concello de Vigo están imputados por un presunto delito urbanístico por arquivar fai dous anos as denuncias veciñais presentadas sobre unha edificación ilegal en Saiáns.
A Xerencia de Urbanismo acabou declarando a caducidade da licenza en xullo de 2008 pero o fixo despois de que axentes do Seprona investigasen as supostas irregularidades e puxésenas en coñecemento da Fiscalía, que presentou unha querela contra os promotores e construtores da edificación. O caso lévao o xulgado número 3 de Vigo co número de procedemento 484/2008 e tiveron que prestar declaración dúas técnicas de administración xeral, unha arquitecta e un inspector auxiliar de obras que interviñeron no arquivo das denuncias.
A vivenda atópase situada a poucos metros da praia A Noiva e conta cun permiso municipal supostamente irregular porque está datado o 25 de maio de 1990, outorgado a pesar de que o planramento estaba paralizado desde o 22 de xaneiro daquel ano por orde da Xunta ao estarse tramitando un novo Plan Xeral.
As obras estiveron abandonadas durante anos. Unhas fotografías aéreas tomadas no 2002 dan conta da construción dun semisótano, pero non se rexistraron máis avances no proxecto ata que en xullo de 2007 os novos propietarios, a promotora Ten do Teu, renovou as obras.
Uso residencial prohibido
A normativa vixente confirmou a prohibición do uso residencial da parcela por atoparse dentro dun solo non urbanizable especialmente protexido de praias e costas. Vecinos da contorna denunciaron as obras no Concello solicitando o inicio do expediente de caducidade da licenza. Nin expediente de infracción, nin sancionador nin de reposición da legalidade. En lugar de utilizar as ferramentas que a lei pon ao seu alcance, o Concello iniciou un expediente «informativo» que concluíu o 19 de setembro de 2007 cun informe do inspector auxiliar de obras no cal conclúe que a obra «en xeral coincide co que se reflicte nos planos da licenza». Iso mesmo subscribiu despois unha arquitecta municipal noutro informe e finalmente unha técnica de administración xeral notificou en novembro de 2007 o arquivo das denuncias.
A Xerencia municipal cortou supostamente a vía de intervención da Xunta, pero o Seprona actuou...

1 comentario:

Anónimo dixo...

ATLANTICO DIARIO

Comentario de: LIBERTAD DE PRENSA

Jueves 03/12/2009 a las 18:29

Le darán los medios de comunicación la misma cobertura informativa al juicio que se celebrara el próximo Miércoles día 9 del presente mes, en el Juzgado de Instrucción nº 3 donde se sentara en el banquillo de los acusados Yago Domínguez Rodríguez, hijo del teniente de alcalde y portavoz del BNG en Vigo D. Santiago José Domínguez Olveira, por amenazar de muerte y llamar a gritos en plena calle hijo de p… a Alfonso Pillado en presencia de la policía local, un día que su papa ejercía de alcalde por ausencia de Abel Caballero en la ciudad y el niño le llamo diciendo que el tal Pillado estaba tomando un café donde lo hacia desde hace más de diez años frente el pabellón de las Traviesas.

La propietaria del establecimiento, explico a los agentes que Pillado era cliente habitual desde hacia más de diez años y que al “niño” hijo del alcalde provisional nunca lo viera allí

¿Casualidad o montaje del “niño” y su papa, para acusarle de quebrantar la orden de alejamiento? Que por cierto esta recurrida desde hace más de un años y no se dio contestación a dicho recurso, Pillado había recurrido dicha orden de alejamiento porque no conocía a los hijos del señor Olveira.

¿Quedarían grabados los gritos que el señor “alcalde provisional” daba al agente de servicio por la radio.

¡¡Lle dijo que o deteña agora mesmo, E UNHA ORDEN!!

Menos mal que los agentes de la Policía Local, no todos son del BNG y actúan en base a lo que dice la Ley y no acatan órdenes de intereses personales de nadie aun que las de un alcalde provisional.

Al parecer, no es la primera vez que “papa” acude a algún local de copas de la noche en auxilio del “niño” queriendo hacer valer su condición de “AUTORIDADE MUNICIPAL”

Mamasiña que medo.