domingo, 13 de decembro de 2009

O CUME DE COPENHAGUE EMITIRÁ CO2 COMO CÁDIZ

As limusinas e os avións privados esperan ás personalidades que acudirán á cita

Un total de 1.200 limusinas e 140 avións privados foron reservados xa en Copenhague para trasladar ás personalidades que visitarán o cume, segundo aseguraba o diario británico The Daily Telegraph.
Á capital danesa acudirán 105 xefes de Estado, 20.000 delegados e 5.000 xornalistas, ademais de celebridades como Leonardo dei Caprio, Daryl Hannah ou Bob Geldof, e dignatarios como o príncipe Carlos de Inglaterra e o arcebispo Desmond Tutu.
O xornal afirma que todo este movemento de personalidades implica que o cume emitirá, en doce días, un total de 41.000 toneladas de CO2 equivalente. Esa cifra é similar ao que emite unha cidade do tamaño de Cádiz no mesmo período.
-Calculando o prezo do acordo-
100.000 millóns de euros
A UE propón a creación dun fondo internacional para combater os efectos do quentamento nos países pobres. Este fondo alcanzaría os 100.000 millóns de euros anuais en 2020.
1,5% do PIB
Os países africanos, os que máis van sufrir o cambio climático, esixen que o cheque de Copenhague alcance o 1,5% do PIB dos países industrializados, unha suma moito maior que a proposta pola Comisión Europea.
135.000 millóns de euros
Oxfam propuxo que os países ricos poñan sobre a mesa 100.000 millóns de euros en 2012, co obxectivo de chegar a 135.000 millóns anuais en 2020, á marxe do 0,7% do PIB de axuda ao desenvolvemento.
5,7 billóns de euros
O mundo dedicou 5,7 billóns de euros para reflotar bancos en quebra, segundo Oxfam

Ningún comentario: