sábado, 26 de decembro de 2009

UN "MALGASTE ECOLÓXICO" PARA ILUMINAR O NADAL

Os adornos rueiros contaminan como O Salvador nun ano

Os adornos do Nadal que iluminan estes días as rúas españolas non só supón un incentivo ao consumo senón tamén "un malgaste ecolóxico", segundo Ecoloxistas en Acción. A ONG denuncia que este ano se emitirán á atmosfera 15 millóns de toneladas de CO2 debido ao alumado, un volume similar ao dun país como O Salvador nun só ano. O consumo total rolda os 30 millóns de quilovatios hora.
Para escoller a iluminación, en todo caso, os concellos aseguran que aumentaron o uso de adornos de baixo consumo. Con todo, "non se consegue nada", afirma o portavoz da área de Enerxía de Ecoloxistas en Acción, Javier González. "Aínda que aumenten a iluminación de baixo consumo, tamén incrementan o número de lámpadas, polo que o gasto neto é o mesmo". En Madrid, a pesar de que o seu investimento para 2009 reduciuse en case un millón e medio de euros, permanecen acendidos uns 7,5 millóns de adornos, 700.000 máis que en 2008. Segundo Ecoloxistas en Acción, aínda que as lámpadas sexan de moi baixo consumo, ao permanecer acendidas unha media de oito horas ao día, o consumo enerxético de Madrid sería comparable ao de "unha cidade de 50.000 habitantes durante un mes", e á emisión de 4.000 toneladas de CO2.
Redución do horario
"Non se trata de volver ás cavernas, senón de consumir de forma racional", manifesta González. "O Nadal comeza o 25 de decembro, que é cando deberían acenderse as luces, non en novembro", engade. Segundo o ecoloxista, se o aceso reducísese ao período de Nadal ata Reis, "o consumo de enerxía reduciríase a máis da metade". En Madrid a iluminación comezou o 27 de novembro, un día antes que en 2008, e manterase ao longo de 41 días, nun total de 193 horas. En Barcelona as luces permanecerán acendidas 36 días, durante un total de 168 horas.
A organización denuncia que o malgaste non é só enerxético senón monetario. Algunhas cidades superaron o millón de euros nesta campaña. Só entre Madrid e Barcelona investíronse máis de cinco millóns de euros. A capital española encabeza a lista de recursos destinados ao alumado, cuns 3,5 millóns de euros. O segundo posto ocúpao Barcelona, cuns dous millóns de euros. Estes datos contrastan con cidades como Bilbao, onde o orzamento rolda os 2.000 euros.

Ningún comentario: