sábado, 13 de febreiro de 2010

A CORRUPCIÓN NON PARA EN "BALEARES"

Antich bota a UM do Goberno balear e prepara un Executivo en minoría

O concelleiro Miquel Nadal, ex conselleiro de Turismo e ex presidente do partido rexionalista, detido no seu despacho do Concello de Palma

A paciencia do presidente de Baleares, o socialista Francesc Antich, cos seus socios de Goberno de Uniu Mallorquina chegou ao seu fin. Os múltiples escándalos de corrupción que afectan ao partido rexionalista, fundamental na gobernabilidade da distintas administracións das illas, terminaron coa súa presenza no Executivo autonómico, tal e como anunciou o propio Antich nunha rolda de prensa. Ademais, o partido será expulsado dos gobernos do Concello de Palma e do Consell de Mallorca.
En concreto, o líder do PSOE destituirá aos conselleiros de Medio Ambiente, Miquel Àngel Grimalt Vert, Turismo, Miquel Ferrer Viver, e o de Deportes e Mocidade, Mateu Cañellas Martorell. Antich fará pública a súa decisión ao longo da mañá e anunciará que pensa gobernar en minoría. O novo Executivo coñecerase o vindeiro luns, aínda que o presidente balear ten previsto unha redución de consellerías para reducir gastos.
Antich, con todo, asegurou que os acordos de lexislatura asinados ao comezo da mesma con UM manteranse.
O detonante da situación produciuse entre o mércores e onte coa detención de 13 persoas por suposta corrupción que, ademais, podería afectar ás contas do propio partido. Primeiro foi arrestado o director xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Antoni Oliver, de UM, ex xerente do Inestur, acusado de malversación de fondos públicos, suborno e prevaricación. 24 horas despois, foron detidos outros dous cargos do executivo balear: o director xeral de Promoción Turística, Joan Xastre (UM), e Antoni Rebassa, director de área do Instituto de Mellora da Contorna Turistico (IMED) do Inestur e concelleiro de Alaro por UM, entre outros.
A operación, ordenada pola xuíz Carmen Abrines a petición do fiscal anticorrupción, Pedro Horrach, inclúe ademais o rexistro do consorcio informático de Mallorca, que o mércores foi precintado por presuntas contratacións irregulares.
Miquel Nadal, detido
Doutra banda, o ex conselleiro de Turismo e actual concelleiro de Uniu Mallorquina en Palma (partido do que tamén foi presidente), Miquel Nadal, foi detido hoxe no seu despacho do consistorio imputado por malversación de caudais públicos, prevaricación e tráfico de influencias.
O xuíz xa retirou a Nadal o seu pasaporte o pasado mes de decembro e, pouco despois, abandonou a presidencia do partido: o terceiro mandatario de UM desde 2007.
Uns días antes, o 3 dese mesmo mes, o propio Nadal abandonou o Goberno de Antich tras unha primeira imputación, aínda que mantivo o seu posto como concelleiro no Concello de Palma.
Fai agora pouco máis dunha semana, Nadal reuniu a 2.000 militantes do seu partido, aos que asguró: "Resistirei".

3 comentarios:

Anónimo dixo...

A los votantes fijos del PP no les importa la corrupción, alguno incluso dirá que todo es un montaje de Rubalcaba y de El País, otros dirán que todos roban. Al PSOE le está pasando más factura la crisis (que por otra parte la desencadenaron los neoliberales amigos de Aznar, Bush y Berlusconi) que a la derecha la corrupción.
Vivimos en un país que se está convirtiendo, como Italia, en inmoral.
Al final quien sale perdiendo no es un partido concreto sino las instituciones democráticas.
¡Qué lástima!

LAYKA dixo...

Estos señores del PP se dan cuenta ahora, despues de tanto tiempo de la clase de gente que han proliferado en su partìdo. La verdad es que no es para sentir vergüenza, es para tener la cabeza agachada y no levantarla ni para ver el sol. En todas las comunidades donde gobierna el PP aparecen casos similares, aunque como bien dice cirineu , lo de Baleares no es nadacomparado a lo que tenemos en el Paìs Valencià, donde Fàbregas, Cartagena, Luìs D. Alperi y cia campan por sus respetos sin que nadie del PP levante la voz,ni se atreva a insinuar nada, porque la presunciòn de inocencia està ante todo,aùn sabiendo a ciencia cierta todos sus desmanes y estratagemas, los gerifaltes del PP los defienden a capa y espada, tildàndolos delante de la gente de "polìticos intachables ", ¡ què vergüenza !. Pero mi reproche ya no va contra ellos, sino contra el pueblo, que les sigue votando por mayorìa absoluta en muchos de los casos, luego, por tanto tenemos lo que nos merecemos: queremos a gente corrupta para que nos gobierne y ahì estàn ellos.

Anónimo dixo...

Al parecer piden perdón por no haber parecido que son honestos mucho más que por haber sido deshonestos. En los partidos no se persigue a los corruptos (los compañeros saben y hablan de lo que tiene y ha conseguido cualquiera) lo que se persigue es la imagen de honestidad. Como en definitiva algunos dicen que los numeros hacen política los personajes más carismáticos suman votos y atraen influencias. Hay que mantener a estas personas a sabiendas de sus depredaciones. El partido consigue hacer parecer honesto hasta que no se demuestre lo contrario. Pasa en todas las familias pero el PP falla siempre en lo mismo: cuando vienen los problemas mienten para dar imagen de orden. Así se hacen todos fotos con Fabra y le alaban su honestidad cuando saben lo que hay. Después se pide perdón. Todo por los votos que no por los votantes.