venres, 12 de febreiro de 2010

PENSIÓNS DOS ALTOS CARGOS

O vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, mostrouse disposto a falar das pensións dos altos cargos da administración e os parlamentarios, e recalcou que a reforma do sistema público de pensións que propón o Goberno pretende "garantir" unha maior "equidade".
"Todo o que garanta maior equidade vai contar sempre co meu apoio e o meu respaldo", dixo Blanco en declaracións a TVE recollidas por EFE nas que, preguntado por se se revisará o sistema "privilexiado" de pensións dos ministros, secretarios de Estado e parlamentarios, respondeu que el está disposto a que se fale "de todo".
Respecto ao feito de que os parlamentarios consoliden a máxima pensión en sete anos, en lugar de en 20 como o resto de traballadores, Blanco insistiu en que está disposto tamén "a corrixir esta situación".
Recalcou que o obxectivo do Goberno é garantir "unha maior equidade e un trato máis igualitario en todo o sistema de pensións, non só nisto, senón xeral", sinalou o ministro de Fomento quen recordou que hai "moitos casos de consolidación" da pensión similares "en distintos ámbitos".
"Non falemos só dunha cousa. Falemos de todo. Eu estou disposto falar de todo, asumindo erros", puntualizou.
Defendeu a necesidade de prolongar a idade de xubilación e dixo que se fose representante dos traballadores "sería o que máis estaría aplaudindo esta medida".
Sobre a posibilidade de que o PP apoie esta iniciativa, Blanco sinalou que lle consta", porque así llo dixeron "dúas persoas que asistiron", que na reunión que a dirección deste partido "a xente estaba basicamente de acordo", aínda que os seus dirixentes non o recoñezan publicamente.
"Estes días estou vendo que o principal conselleiro de Rajoy non é nin Cospedal nin Arenas, é o vento", manifestou Blanco quen criticou que o líder do PP sexa "un pouco catavento" e pediulle que "manteña por unha vez o seu criterio e concrete unha proposta para formular no Pacto de Toledo".
Así mesmo, o vicesecretario xeral do PSOE referiuse ás críticas que dirixiu José María Aznar ao Goberno e ha recomendando "mesura e un pouco de contención" ao ex presidente do Executivo.
"Sei que aínda el esta prisioneiro do rancor que ten cara a este Goberno, porque os seus plans en relación á sucesión víronse frustrados, e porque aínda non foi capaz de superar algunhas cousas que ocorreron no noso país e que xeraron unha gran contestación social, por iso recoméndolle ponderación e mesura".

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

Ya era hora. Con dos legislaturas en el Congreso o en el Senado tienen derecho a una paga vitalicia por el cien por cien de lo cotizado. Hay que acabar con estos privilegios. También, ministro señor Blanco, hay que revisar estas prejubilaciones a partir de los 50 años en RTVE, Telefónica, Iberia y la Banca, además de aclarar públicamente que la Guardia Civil, las Fuerzas de Seguridad del Estado, entre otros colectivos, se pueden jubilar a los 55 años. Conviene resaltar que aunque en Alemania se va por la jubilación a los 67 años, en Francia, se hace a los 60 años, que vista la situación del mercado laboral parece lo más sensato, cotizando de 30 a 35 años. En España, si no has cotizado más de 20 años no tendrás derecho a una paga contributiva. Esa es la tendencia actual. Falta saber que decidirá la convención del Pacto de Toledo con representación de todo el arco parlamentario, que llegan a acuerdos por unanimidad. Y que los sindicatos CCOO, UGT y USO preparen la huelga general, habría que recordarles a los dos primeros que es de dominio público que sus presupuestos se basan en un 80 por ciento de dinero público y en un 20 por ciento de las cuotas de los afiliados. Así cualquiera llega a fin de mes, agentes sociales paniaguados.