martes, 9 de marzo de 2010

DEBEMOS REFLEXIONAR

E o acusado díxolle ao xuíz: Sr. Xuíz, debemos reflexionar.

Ninguén previu que a auga saltaría os diques.

O principio de prevención aplicado na avaliación ambiental dos plans e proxectos podería evitar 50 persoas mortas en Francia.

En Vigo, PSOE, BNG e PP negáronse a avaliar ambientalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal. "Non se pode transixir coa seguridade. Por iso debemos reflexionar sobre os plans urbanísticos para que esta catástrofe non volva suceder" (Nicolas Sarkozy)

As decisións imprudentes e interesadas dos gobernantes poden producir mortes. Tras a catástrofe, oír aos autores dicir ao xuíz que debemos reflexionar, debería facernos reflexionar.

2 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

El diseño de estrategias de adaptación para realidades concretas es una tarea compleja, pero ineludible, a pesar de las incertidumbres. Las zonas costeras, están en situación de riesgo especial debido, por ejemplo, a que uno de los principales impactos del cambio climático es la subida del nivel del mar, que afecta
especialmente a los territorios de la costa y porque su economía está basada en el turismo, cuyos principales alicientes en este destino son el paisaje y, fundamentalmente su clima y su ocio costero.
Habitualmente al hablar de la edificación, se valora la adecuación o la consciencia energética de los edificios
en función solamente del consumo, gasto o ahorro energético en la climatización e iluminación durante su
uso, así como la contaminación que produce en su entorno inmediato.

UN GALEGO dixo...

O atracador prexudica ao banco por diñeiro, miles de euros, porque agora nas caixas non hai moito diñeiro. O corrupto dinamita a convivencia social e a confianza na democracia. Vostedes valoren que é máis perigoso, se un atracador, ata un homicida, ou a corrupción xeneralizada na sociedade. Este é un debate interesante, non o debate de se esposas si ou esposas non, senón colocar e graduar cal é a entidade de reproche que debe dar a sociedade a unha conduta e a outra, e sobre todo cales son os males: acábase cunha vida, prexudícase á propiedade, pero incuestionablemente a sociedade segue adiante. Nos casos de corrupción urbanistica, o Estado desaparece, a sociedade segue adiante, pero se converte nunha sociedade practicamente inviable e ademais abre paso a determinadas tentacións totalitarias, das que hai exemplos moi próximos, ata na Unión Europea, que pon de relevo os perigos derivados da corrupción urbanistica en noso país. Xa que logo, creo que isto é un punto de reflexión importante.

Desde o punto de vista xurídico, xa comecei dicindo que non funciona o sistema, pero o sistema non funciona, non por falta de leis, porque eu creo que hai excesivas leis. Durante moito tempo o Dereito administrativo, a elite do Dereito administrativo, os grandes catedráticos, presumiron dos seus manuais de Dereito urbanístico. Alí atoparán todo xénero de leis nacionais, sectoriais, autonómicas, locais... E chegou un momento en que se pensou que España concretamente, (non só España, porque a crise está xeneralizada) reunía unhas especiais características para converter o solo nunha especie de maná no que soamente a súa existencia fose a fonte de enriquecimiento potencial, co simple mecanismo de reunir á Comisión de Urbanismo ou Pleno e conseguir que polo voto dun tránsfuga convertésese un territorio ou paisaxe nunha fonte de riqueza, así de sinxelo. E iso fíxose, sabíase desde fai anos e consentiuse...