domingo, 27 de xuño de 2010

18.818 MILLÓNS, O DEFICIT DO ESTADO

O déficit do estado alcanza ata maio 18.818 millóns, o 1,79% do PIB--Os ingresos crecen o 15,6%--A subida do IVE en xullo adianta as compras e reduce un 5% o déficit do Estado

O déficit do Estado alcanzou nos cinco primeiros meses do ano 18.181 millóns de euros, o que supón un 1,79% do PIB. O dato é un 5,7% inferior ao mesmo período do ano pasado.
De xaneiro a maio de 2010, os ingresos creceron un 15,6% e os gastos aumentaron un 9% en termos de contabilidade nacional.
En termos de caixa (contando os gastos efectivamente realizados), os ingresos subiron un 2,4% e os gastos, un 14,5%.
En canto aos impostos, os ingresos por IRPF aumentaron un 3,6% e por IVE subiron un 21,9%. Este último dato reflexa o adianto das compras que se produciron nestes últimos meses pola próxima subida do IVE en xullo, unha medida aprobada polo Goberno dentro do plan para reducir o déficit.
Nestes primeiros cinco meses só baixou a recadación polo imposto de sociedades, un 18,1%.

Ningún comentario: