sábado, 21 de agosto de 2010

A BANCA NON DARÁ MÁIS CRÉDITO AOS PROMOTORES

A banca non dará máis crédito promotor ata que non venda as vivendas que se 'comeu'

Os bancos e caixas de aforros non pensan conceder máis crédito ás promotoras inmobiliarias ata que non dean saída ao groso das vivendas que se adxudicaron como pago de créditos incobrables, segundo confirman diferentes entidades. Un proceso que explica a forte caída da construción de casas novas no noso país e que se vai a prolongar durante anos. Con todo, a banca si vai continuar refinanciando ás inmobiliarias, especialmente as máis grandes, que teñen créditos que non poden pagar, para evitar que se produza outra onda de concursos de acredores que dane aínda máis as contas de resultados do sector.
"A explicación é ben sinxela", asegura un directivo dunha importante caixa de aforros. "En España hai exceso de vivendas que non se venden, e moitas delas nos balances das entidades. Xa que logo, non ten sentido seguir construíndo máis ata que non se reduza ese stock e, en consecuencia, tampouco o ten conceder máis crédito promotor para iso". Un stock que se sitúa ao redor das 700.000 unidades, segundo o propio Ministerio de Vivenda, pero que podería ser moi superior segundo os cálculos da banca.
Segundo datos de Fomento, ata maio só se iniciaron 40.000 vivendas no noso país, un 21,8% menos que no mesmo período de 2009 e a anos luz das 865.000 que se construíron no conxunto do ano do pico da burbulla: 2006. E as expectativas do sector son que esta redución continúe durante bastante máis tempo
A este exceso de oferta engádese a necesidade de bancos e caixas de dar saída á inxente cantidade de 'ladrillos' que compraron ás promotoras ou se adxudicaron en pago de créditos que non ían poder cobrar. Esta é a principal ameaza que se cerne sobre o sector, como puxeron de manifesto os test de tensión de finais de xullo. Pero as entidades non queren baixar os prezos de venda a niveis inferiores ao crédito que deron no seu día para financiar a súa construción para non perder diñeiro, o cal fai que estean tendo moitas dificultades para darlles saída

Ningún comentario: