domingo, 22 de agosto de 2010

NUÑEZ FEIJÓO E O LUME

O bipartito galego sentou as bases para futuras actuacións encamiñadas á prevención e non só á extinción; bases que o Goberno actual non soubo, ou non quixo, aproveitar.

En contraposición, o señor Feijóo, que desde que deixou a oposición xa non se deixa ver mangueira en ristre apagando lumes, prefire ocultar a información oficial e deambular de festa popular en festa popular sen importarlle que Galicia estea ardendo.
Fai catro anos

No ano 2006 produciuse en Galicia o caldo de cultivo propicio para a catástrofe que se desenvolveu en apenas unha quincena, á densidade da masa forestal uniuse a calor, un tempo inexplicablemente seco para a zona e ventos de moderados a fortes.
O resultado daquela combinación foron os case 2.000 incendios que arrasaron a comunidade galega entre o 3 e o 15 de agosto daquel nefasto verán. Nalgún momento daquela tráxica quincena chegaron a estar activos 100 á vez. Nin os máis maiores recordaban algo parecido nunha terra arrasada por incendios de aparencia apocalíptica, poboacións cercadas polas lapas, ceos ennegrecidos e cubertos de fume que dificultaban a respiración.
A foto
Naquel escenario devastador apareceu un bo día o señor Feijóo, entón na oposición, coa súa camisa branca, os seus vaqueiros de marca e mangueira en ristre para axudar a apagar as chamas e deixounos unha foto que ben podería pasar a formar parte dun deses calendarios que se pon á venda para recadar fondos.
Este home, que hoxe goberna Galicia lanzou, sen fundamento algún, acusacións de escurantismo e ocultación por parte do bipartito, un Goberno que a diferenza do seu si informaba con veracidade do que estaba ocorrendo.
Extención e prevención
Aseguran os expertos que un 70% do terreo galego non está preparado para afrontar as arremetidas da lapas razón de peso para asegurar que afrontar a tempada de incendios desde unha política de axudas á extinción e non desde a prevención non parece a mellor forma de actuar.
Unha gran parte dos incendios que se produciron en Galicia nos últimos anos tiveron lugar en zonas que arderan anteriormente e nas que había rebrotado matorrol. A maleza que se expande ao seu libre albedrío é un perigoso material de combustión para espertar a voracidade dun dos males endémicos de Galicia.
Cando as condicións meteorolóxicas son extremas o lume pode chegar a ser devastador e aínda que se considere a meteorología como un factor secundario o certo é que cando a climatoloxía é desfavorable o risco de incendio multiplícase.
Os grupos ecoloxistas levan décadas denunciando que as repoboacións con piñeiros e eucaliptos son un detonante para os grandes incendios porque o eucalipto é unha especie que propaga o lume con gran rapidez e a resina dos piñeiros aviva o lume moi intensamente.
Se ás desafortunadas repoboacións engadímoslles a dispersión xeográfica galega, a súa deficitaria ordenación territorial e un presidente incompetente, o cóctel incendiario está servido.

Mileuristas contra o lume...

Un informe pericial cuestiona o operativo contra o lume de Fornelos...

Ningún comentario: